Skip to main content

De Begonte para o Papa

Entregaranlle ao Papa unha escultura do artista lucense Cesar Lorenzana, maqueta do monumento que se vai instalar na praza Irmáns Dominguez Guizán, á beira do Belén, como primeiro dos elementos que van situarse en cada unha das parroquias do Concello como símbolo de que todos os camiños de Begonte conducen ata o Belén. E este primeiro monumento reflicte, precisamente, unhas botas de peregrino ou camiñante que, procedente de calquera punto de Begonte, de Galicia ou do mundo, ten por destino o Belén de Begonte.

Á vez que invitarán ao Papa a visitar o Belén na primeira ocasión que visite Galicia, entregaranlle ampla información sobre o Belén: O libro publicado na colección Everest, libro con traballos premiados nos certames, programas, sinaladores de lectura e un pen coa gravación que en galego, castelán e inglés figura na web www.belendebegonte.es, gravado pola Fundación TIC da Deputación Provincial de Lugo.

Foto: Belén Mendaña.
Belén de Begonte