Skip to main content

A Cova de Eirós, premio da Crítica de Galicia 2022 a Iniciativas Culturais e Científicas

O ditame tamén destaca “o potencial desta investigación para a dinamización dun espazo rural de menos de mil habitantes e as sinerxías coa veciñanza propiciadoras da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) en 2017”.

O xurado da XLV edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas, estivo formado por Xosé Aldea, editor e xestor cultural; Lois Celeiro Álvarez, xornalista; Belén López Vázquez, editora; Celia Pereira Porto, avogada, presidenta da Fundación Vicente Risco; Mar Mato, xornalista cultural; Xosé Luís Regueira, membro da RAG e profesor da USC; e Xosé María García Palmeiro, xornalista. Foron finalistas nesta modalidade Cabreiros (Xermade). Vintecinco anos dunha experiencia rural colectiva; e Código Cero Comunicación.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)