Skip to main content

A UDC acolle as xornadas 'A Coruña global no mundo do S.XXI' organizadas polo IGADI

O Centro Universitario de Riazor acollerá do 23 ao 25 de novembro as xornadas 'A Coruña global no mundo do S.XXI', organizadas polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, en colaboración co Concello da Coruña.

Estas xornadas, que chegan á segunda edición, teñen como obxectivo explorar as posibilidades e potencialidades da Coruña como cidade intermedia global, no marco da acción exterior galega, española e europea, aliñada como unha cidade comprometida coa Axenda 2030.

Nas Xornadas presentaranse os avances na produción do Mapa de cidade global da Coruña, definindo as relacións glocais da cidade, desde a historia e desde o plano actual. O mapa aspira a reforzar a información sobre a cidade reforzando o seu atractivo territorial, facendo visibles axentes económicos, culturais ou institucionais.

O ciclo sucederase o mércores 23, o xoves 24 e o venres 25 de novembro de 2022, entre as 18:30 e as 20:30h. O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, participará na xornada do venres, 25, ás 18:30 horas.

Máis información: https://acorunha.hub.gal/
Universidade da Coruña