Skip to main content

Rodríguez Yuste en ningún momento rexeitou unha Zona Franca en Ferrol

Nas súas declaracións realizadas en Vigo, Rodríguez Yuste insistiu en que para o desenvolvemento da comarca de Ferrolterra é prioritario avanzar nas infraestruturas en proxecto, é decir, a segunda fase do porto exterior e a dotación de solo industrial na zona (como é o caso do parque empresarial de Brión).

Segundo o Conselleiro de Innovación, a declaración dunha zona franca non tería sentido sen a existencia das mencionadas infraestruturas, que actuarían como dinamizadores do investimento industrial na zona.

Para Rodríguez Yuste, tanto a segunda fase do porto exterior como as infraestruturas de solo industrial son requisito previo para proceder á declaración dunha zona franca en Ferrol.

Polo tanto, o Conselleiro de Innovación considera que a dotación infraestrutural da zona é unha prioridade absoluta, sen rexeitar en ningún momento o obxectivo da zona franca.
Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia