Skip to main content

Ourense acollerá o IV Congreso internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis

Así o anunciaron este luns o responsable deste evento, o profesor da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense Manuel Isorna, e Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense.

Ademais da colaboración da Universidade de Vigo e do concello (que cederá as instalacións do auditorio), a cita contará tamén co apoio da Xunta de Galicia, a Sociedade científica española de estudios sobre o alcohol, o alcoholismo e as outras toxicomanías, Socidrogalcohol, o Ministerio de Sanidade e a Deputación Provincial de Ourense, entre outras entidades.

O congreso, que se realizará nas modalidades presencial e en liña, é unha iniciativa científica que pretende aglutinar a profesionais sanitarios, do ámbito xudicial e da educación, a alumnado das ramas sociosanitarias e a todas aquelas persoas interesadas nos problemas derivados do consumo de cannabis e dos seus derivados.
Universidade de Vigo