Skip to main content

A UDC, 13ª universidade do mundo en Educación de Calidade, segundo o ránking Times Higher Education Impact University

A UDC sitúase no 25% das mellores universidades nos apartados de Saúde e Benestar, Igualdade de Xénero e Alianzas para lograr obxectivos. Ademais, consegue tamén un resultado excelente no apartado de Vida de Ecosistemas Terrestres coa posición 63. Destaca así mesmo, con respecto á edición anterior, o mantemento na posición global, no rango 201-300, a pesar de ter aumentado o número de universidades avaliadas ata chegar ás 1.591.

O ránking THE Impact avalía o desempeño das universidades no cumprimento dos 17 ODS establecendo unha puntuación e unha clasificación para cada ODS. A Universidade da Coruña conseguiu ser avaliada nas 17 Metas de Desenvolvemento Sustentable (SDGs polas súas siglas en inglés), feito por si xa moi positivo; resultado do traballo e das políticas postas en marcha na UDC. Así, a puntuación global ascende a 78,1 puntos sobre 100, un punto máis sobre a nota obtida na edición anterior, acadando a mellor puntuación no histórico deste ránking.

Universidade da Coruña (UDC)