Skip to main content

Os prezos industriais medran en marzo en Galicia por debaixo da media estatal

Os prezos dos produtos saídos de fábrica en Galicia experimentaron en marzo unha suba do 0,7% con respecto a febreiro, porcentaxe inferior á rexistrada no conxunto de España. Os datos do Instituto Nacional de Estatística indican que o Índice Xeral de Prezos Industriais aumentou na Comunidade unha décima menos que no conxunto do Estado, onde o incremento foi do 0,8%.

As cifras de marzo permiten que Galicia estea tamén por debaixo da media estatal no que refire ao balance interanual, cunha suba dos prezos do 4,2% con respecto a marzo de 2004, 9 décimas menos que no conxunto do Estado, onde o incremento se sitúa no 5,1%.

Polo que se refire ao acumulado no que vai de ano, os prezos dos produtos saídos de fábrica en Galicia subiron un 2,1%.

A nivel estatal, os resultados de marzo débense, en boa media, ao comportamento dos productos do grupo do refino de petróleo, que experimentaron alzas do 8,2% en comparación co mes de febreiro deste ano; tendo en conta tamén as subas do 0,3 por cento no grupo de alimentación e bebidas.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia