Skip to main content

A Xunta investirá 955.651 euros para infraestructuras rurais nos 9 concellos das comarcas de Betanzos e Eume

COMARCA DE BETANZOS

No concello de Aranga investiranse 56.508,83 euros na pavimentación de camiños de Portoacibro a Balsas e outros.

No concello de Betanzos investiranse 94.997,76 euros na pavimentación de camiños de Piadela, Requián, San Paio e outros.

No concello de Cesuras investiranse 58.752,97 euros na pavimentación de camiños de Ponte a Trasanquelos e outros.

No concello de Coirós investiranse 37.160,56 euros na pavimentación do camiño da zona deportiva municipal á N- VI.

No concello de Curtis investiranse 65.022,27 euros na pavimentación de camiños da N- 634 a Remourán e ao Vilar, de Padreiro a Mingueiras e outros.

No concello de Irixoa investiranse 50.224,10 euros na pavimentación de camiños de Os Chaos a Polabrava e outros.

No concello de Miño investiranse 55.835,47 euros na pavimentación de camiños e rede de abastecemento en Valgote.

No concello de Oza dos Ríos investiranse 53.214,55 euros na pavimentación de camiños da A-840 a Vilar e outros.

No concello de Paderne investiranse 48.362,56 euros na pavimentación das pistas do caserón e do poxo e do lugar de Vilamourel.

No concello de Vilarmaior investiranse 40.588,34 euros no ensanche do camiño de Abeleria a Os Lardos e outros.

No concello de Vilasantar investiranse 47.924,80 euros na pavimentación do camiño de O Campo a Peizás e outros.

COMARCA DE EUME

No concello de Cabanas investiranse 45.855,81 euros na mellora da rede de abastecemento na Magdalena.

No concello de A Capela investiranse 43.647,57 euros na pavimentación de camiño desde Xasé de Abaixo a Pena Grande.

No concello de Monfero investiranse 64.478,42 euros na pavimentación de camiño da AC- 840 a Vilar e outros.

No concello de Pontedeume investiranse 75.279,16 euros na pavimentación de camiños nas parroquias de Ombre, Nogueirosa, Andrade, As Pedridas e outros.

No concello de Pontes de García Rodríguez investiranse 117.798,19 euros na pavimentación da pista de acceso ao cemiterio de Alimpadoiros, e das pistas da Cuíño e do Couce.

CRITERIOS OBXECTIVOS

A asignación que corresponde a cada concello determinase segundo criterios obxectivos consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Estes criterios fan referencia á poboación e número dos núcleos, á súa superficie, ao número de entidades de poboación de menos de 1.000 habitantes, á despoboación rexistrada entre 1991 e 2003, e á poboación maior de 64 anos.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia