Skip to main content

O comisario de Pesca da UE visitou o stand da Xunta na Seafood e dixo que Galicia representa o 50% da presencia española

O Comisario de pesca da Unión Europea, Joe Börg, visitou no día de hoxe o stand da Consellería de pesca e Asuntos Marítimos na 14th European Seafood Exposition 2005, que se celebra en Bruxelas ata o xoves día 28, está considerado como o máis importante a nivel europeo entre os adicados á transformación de productos da pesca.

Un total de 52 empresas, institucións e asociacións do sector pesqueiro galego participan na feira a través do pavillón organizado pola Xunta de Galicia.

Bog, que acudiu co Director Xeral de Pesca da UE, Jürgen Holmquist, estivo acompañado polo Director Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, Andrés Hermida, á fronte da delegación da Consellería de Pesca.

Durante o percorrido, o comisario manifestou sentirse gratamente impresionado polo papel de Galicia, “o 50% da presencia española” nesta edición. Durante o percorrido, Borg lembrou con agarimo a visita que realizou a Galicia no mes de xaneiro, en especial, o seu paso pola ría de Arousa diante dos expositivos do sector mexilloeiro; e por Lira, ó pasar polos expositores relacionados co cultivo de rodaballo.

Record de participación galega nesta edición da Seafood.-

A participación galega na Seafood a través do pavillón da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos alcanza nesta edicción unha cifra record. As 52 firmas da comunidade ocupan un espacio de oitocentos metros cadrados, repartidos entre a zona institucional da Xunta e os co-expositores. O goberno galego adicou máis de 347.000 euros a por en marcha este pavillón.

Trátase dun stand de carácter comercial para promocionar os productos galegos nos mercados internacionais e servir de punto de encontro entre empresas. Ademais, o pavillón serve como plataforma de traballo da delegación da Xunta de Galicia, que está encabezada polo director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, Andrés Hermida, e pola delegada de Pesca na Coruña, Beatriz Mato.

Sete das principais asociacións galegas do sector.-

Entre as 52 firmas galegas acuden o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e sete asociacións sectoriais: a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (ANFACO-CECOPESCA); a Asociación Española de Maioristas Exportadores e Importadores de Productos da Pesca (CONXEMAR); a Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (AGADE); a Asociación de Productores de Rodaballo de Galicia (AROGA); a Asociación de Comercializadores de Pescado do Porto de Vigo (ACOPEVI); a Organización de Productores de Mexillón de Galicia (OPMEGA); e mailo Consello Regulador do Mexillón de Galicia.

O crecente interese que esperta a participación neste evento entre as firmas galegas do sector, conscientes dos contactos comerciais e das posibilidades de expansión no mercado internacional que pode propiciarlles, é a razón fundamental que está levando á Consellería de Pesca a consolidar, ano tras ano, o espacio reservado na "Seafood" de Bruxelas para Galicia. Así, a Xunta de Galicia acudiu cun stand propio nas últimas trece edicións.

O listado completo de expositores no pavillón de Pesca é a seguinte:

1) ACOPEVI
2) ACUARIOS OCEANICOS PRIETO, SL
3) AGADE
4) ALIMENTACIÓN SALGADO, SL
5) AMEGROVE SOC. COOP. LTDA
6) ANFACO
7) AROGA
8) BATEAMAR, SL
9) CETMAR (CENTRO TECNOLOXICO DO MAR)
10) CLAVO CONGELADOS, SA
11) CONGELADOS NORIBERICA, SA
12) CONGELADOS TROULO, SA
13) CONXEMAR
14) CONXEMEX
15) DEPURADORA DE MARISCO DE LORBE, SA (DEMARLOSA)
16) DISBECONSA, SL
17) FERNANDO REYERO, SL
18) ELABORADORA DE CEFALOPODOS (ELCESA)
19) J.L CORREA KESSLER, SL
20) ELABORADOS FINISTERRE, SL (DON PULPO)
21) ELABORADOS MARUXIA, SL
22) EUROMAR VIGO, SL
23) EURONOVA FROZEN SEAFOOD, SL
24) FEIRA DA ACUICULTURA (CONSELLERIA)
25) FRES VALDES, SA
26) VALGEL PESCADOS CONGELADOS, SA
27) FRIGORÍFICOS BERBES, SA
28) GRUPO TRES MARES, SA
29) INTERATALNTIC FISH, SL (INTERATLANTIC)
30) ISIDRO DE LA CAL FRESO, SL
31) KABAT, SL
32) LALANDI, SL
33) LEIRO E HIJOS, SL
34) LUIS ESCURIS BATALLA, SL
35) MAR IMPORT VENTA, SL
36) MARISCOS GALICIAMAR
37) MARISCOS GILMAR, SL
38) MEJILLONES NIDAL, SL
39) OPMEGA
40) ORCO GALAICA, SL
41) PAQUITO, SL
42) PEREIRA PRODUCTOS DEL MAR, SA
43) PESCADONA, SA
44) PESCADOS RUBEN, SL
45) PESCAPUERTA, SA
46) PESQUERIAS DO NOROESTE, SA
47) REMAGRO, SA
48) SALICA, ALIMENTOS CONGELADOS, SA
49) SECTOR EXTRACTIVO Y COMERCIAL, PESCA INTERNACIONAL, SL
50) STOLT SEA FARM, SA
51) VIGOPEIXE, SL
52) VIGO SEAFOOD INTERNACIONAL, SL
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia