Skip to main content

Política Agroalimentaria rexeita a non inclusión de Galicia nas axudas por xeadas

Deste xeito, o Goberno central non accede á solicitude unánime de todos os grupos do Congreso dos Diputados do pasado 20 de abril. Neste sentido, o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, pedira que Galicia fora incluída no programa de axudas para paliar os danos tanto por xeadas como por seca, na última conferencia sectorial de Agricultura y Desarrollo Rural celebrada o pasado 18 de abril.

Elena Espinosa explicou que a tramitación das axudas realizaríase cando o Ministerio tivera a avaliación dos danos, avaliación que polo momento non foi remitida polas Consejerías das Comunidades afectadas.

A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural está a facer as investigacións pertinentes dos danos das xeadas na produción, que no caso da galega e debido aos tipos de cultivo non poderán ser fiables ata pasado un tempo no que se comprobe a súa influencia real. A continuación esta avaliación será remitida ao Ministerio.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia