Skip to main content

Conmemoración do Recoñecemento Internacional de Galicia como nacionalidade

O programa é o seguinte:
19,30 h, Colocación dunha placa conmemorativa en Reconquista, 11 (a carón da Casa das Artes), coa intervención musical de Paulo Nogueira e Antón López, gaiteiros do grupo Treixadura. A peza foi deseñada por Alvaro Alvarez Blázquez e esculpida por José Molares. No acto intervirá don Francisco Fernández del Riego e Santiago Domínguez, concelleiro de Cultura do Concello de Vigo.
20,00 h, Acto cívico conmemorativo no Auditorio do Centro Social Caixanova, Policarpo Sanz 24-26, coa intervención de Xulio Ríos, Xosé González Martínez, Xosé Luis Rodríguez Pardo, Ramón Villares, Ramón Lugrís, Isaac Díaz Pardo e Francisco Fernández del Riego. A presentación corre da man de Carmen Vaquero. Na parte musical, a Coral Polifónica da Asociación Máximo Gorki de Solidariedade entre os Pobos interpretará a peza "Si chove deixa chovere" de Peter Hena, e o Himno Galego.
Os actos están organizados polo IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Vigo.
Son entidades colaboradoras, as Fundacións Sargadelos, Plácido Castro, Premios da Crítica Galicia e Galiza Sempre.
Nas últimas semanas se difundiu un Manifesto Conmemorativo que pode ser consultado en www.igadi.org
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI)