Skip to main content

Resumen do Diario Oficial de Galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

* CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
· Orde pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de bolsas de formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento nas Oficinas Técnicas de Cooperación e pola que se convocan dúas bolsas.

* CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
· Orde pola que se lle autoriza a redución de catro unidades de educación secundaria obrigatoria e a ampliación de tres unidades de educación infantil ao centro privado Tirso de Molina de Ferrol (A Coruña).
· Orde pola que se autoriza o cambio de denominación do CEIP de Nadela (Lugo).
· Orde pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño e programas de garantía social cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

* CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
· Orde pola que se autoriza a apertura dos establecementos dedicados á venda de libros, o 17 de maio de 2005, Día das Letras Galegas.

* CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
· Decreto polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 101 Plan de Obras e Servizos 2004 O Valadouro, estrada provincial de Gontán a Ferreira do Valadouro, mellora do firme, punto quilométrico 28,100 ao 30,100, (termo municipal do Valadouro).
· Decreto polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ortigueira, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de actuacións de limpeza das marxes e mellora de acceso entre ambas as marxes do río Baleo.

* CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO
· Orde pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións a concellos de menos de vinte mil habitantes para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións deportivas e para a adquisición de equipamentos deportivos.

* CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
· Corrección de erros.
· Resolución da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da táboa salarial para o ano 2005 do convenio colectivo da empresa Sociedad para el Tratamiento de Aguas Residuales, S.L. (Star, S.L.).
· Resolución da Delegación Provincial da Coruña pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de modificación do convenio colectivo do Concello de Cee.
· Resolución da Delegación Provincial da Coruña pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de Limpiezas Xalo, S.L. (limpeza viaria do concello de Culleredo).

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

* CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
· Corrección de erros.

* CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
· Orde do 22 de abril de 2005 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade pertencentes ao corpo de aspirantes para os rexistros vacantes que se citan.

* SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
· Resolución da División de Recursos Humanos relativa á resolución provisional da fase de provisión de determinadas categorías do proceso extraordinario de consolidación de emprego do Servizo Galego de Saúde.
· Resolución da División de Recursos Humanos pola que se modifica a do 16 de decembro de 2004 relativa á situación de expectativa de destino do proceso extraordinario de consolidación de emprego, na categoría de ATS/DUE.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

* AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)
· Edicto.

* XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE CANGAS
· Edicto.

* XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
· Edicto.

* XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO
· Edicto.

VI. ANUNCIOS

a) Da Administración Autonómica

* CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
· Cédula do Servizo Provincial de Transportes de Ourense pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

* CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
· Acordos da Delegación Provincial da Coruña polos que se someten a información pública as peticións de autorización e as aprobacións dos proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. · Acordos da Delegación Provincial da Coruña polos que se someten a información pública as peticións de autorización e as aprobacións dos proxectos de execución das instalacións eléctricas que se citan.

· Resolucións da Delegación Provincial da Coruña polas que se autorizan e se aproban os proxectos de execución das instalacións eléctricas que se citan.
· Resolución pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración por lotes a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento con destino ao Centro de Investigacións Mariñas.
· Resolución pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento con destino ao Centro de Formación e Experimentación Agraria.
· Resolución pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, dun contrato de subministración por lotes a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento con destino á Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.
· Resolución da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita.
· Resolución da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Aproveitamento Hidrográfico A Ponte, no concello de Cotobade, do que resulta como beneficiaria a empresa Engasa.

* CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
· Resolución da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se notifica a resolución do expediente sancionador que se cita.

* CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO
· Cédula da Delegación Provincial de Lugo pola que se notifica o acordo de iniciación de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas do 30 de marzo de 2005.

* CONSELLERÍA DE SANIDADE
· Cédula da Delegación Provincial de Ourense pola que se notifica a resolución do expediente sancionador que se cita, incoado por infraccións en materia sanitaria.
· Cédula da Delegación Provincial da Coruña pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador que se cita, por infraccións en materia sanitaria.

* CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
· Cédula da Delegación Comarcal de Ferrol pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de expedientes sancionadores.
· Cédula da Delegación Territorial da Coruña pola que se fai público o trámite de audiencia no expediente de responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

* CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
· Resolución da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se notifican os acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de xogo que se relacionan.
· Resolución da Delegación Provincial de Ourense pola que se notifica a resolución de imposición de sanción relativa aos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos que se relacionan.
· Resolución da Delegación Provincial de Ourense pola que se notifica a resolución de imposición de sanción relativa aos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos que se citan.
· Resolución da Delegación Provincial de Ourense pola que se notifica a resolución de imposición de sanción relativa aos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos que se citan.
· Resolución da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil pola que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador en materia de xogo que se cita.
* CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
· Resolución da Delegación Provincial de Pontevedra de notificación da resolución do expediente sancionador que se cita.

* CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai pública a Resolución de concesión das axudas de fomento da contratación indefinida de colectivos desempregados con maiores dificultades de inserción laboral do expediente administrativo que se cita.
· Edicto da Delegación Provincial de Pontevedra polo que se notifican as resolucións ditadas sobre as rendas de integración social de Galicia relacionadas no anexo.

* INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
· Cédula da Área Provincial de Pontevedra pola que se lle notifica a Agustín Tacón Casal, a proposta de resolución do expediente de dilixencias previas número que se cita.

* SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
· Resolución da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de limpeza do Centro de Saúde de Ordes.
· Resolución da División de Recursos Humanos pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Cristina García Gesto López no proceso extraordinario de consolidación de emprego previsto na Lei 16/2001, do 21 de novembro, da categoría de ATS/DUE.

b) Da Administración Local

* CONCELLO DE AMES
· Anuncio de contratación de servizo.

* CONCELLO DA CORUÑA
· Anuncios de concursos.

* CONCELLO DE CULLEREDO
· Anuncio.

* CONCELLO DE IRIXOA
· Anuncio de concurso, con procedemento aberto, de consultoría e asistencia técnica de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

* CONCELLO DE MACEDA
· Anuncio.

* CONCELLO DE MUGARDOS
· Anuncio de licitación de obras.

* CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
· Anuncio.

* CONCELLO DE TABOADA
· Anuncio.
c) Outros Anuncios

* AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO
· Anuncio.

* FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
· Acordo polo que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e por concurso, do contrato de execución das obras do Teatro da Música da Cidade da Cultura de Galicia.

* FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061
· Contratación de servizos.

* S. COOP. RIBADEUME-BERMUI
· Anuncio.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia