Skip to main content

O estricto cumprimento do Plan Galicia é imprescindible para paliar o déficit da comunidade autónoma en materia de infraestructuras, segundo Manuel Fraga

O presidente da Xunta participou nun xantar de traballo cos participantes na xornada Estratexias para a competitividade rexional no mercado global promovida pola Consellería de Economía e Facenda e na que se dan cita destacados representantes dos eidos empresarial e financeiro da Comunidade Autónoma. No decurso da súa intervención no xantar, o titular do Goberno galego incidiu nunha idea pola que leva apostando reiteradamente e que se basea en “rexionalizar a globalización” co obxectivo de “competir con garantías de éxito nun universo económico mundializado”. Deste xeito, segundo indicou o presidente da Xunta, cada territorio aproveitarase das pancas de diferenciación e das vantaxes comparativas “que lle son propias”. Así mesmo, o presidente da Xunta incidiu na necesidade de que o Goberno Central cumpra cos compromisos adquiridos no Plan Galicia para garantir o despegue económico da Comunidade Autónoma e garantir a posta en marcha de novas infraestruturas, que solventen a eiva existente na actualidade.

Manuel Fraga destacou o relevante despegue económico producido en Galicia ao longo da última década e indicou que a mellora procurada non debe ser impedimento para que o Goberno que preside traballe intensamente en tres eidos: incremento do capital produtivo público, mellora do capital humano e aumento do capital tecnolóxico.

CAPITAL PRODUTIVO PÚBLICO

O titular do Executivo galego indicou que Galicia segue a ter un déficit na dotación de capital produtivo público debido, entre outros motivos, á “insuficiencia na dotación de vías de gran capacidade”. Para emendar este déficit é estrictamente necesario que o Plan Galicia se cumpra na súa totalidade. Neste sentido instou ao Goberno Central a executar as actuacións previstas no Plan. En particular, o presidente da Xunta destacou a relevancia que posúe para Galicia a dotación de vías de alta velocidade ferroviaria.

MELLORA DO CAPITAL HUMANO

Aínda que se fixo moito neste eido, é fundamental que Galicia siga mellorando o seu capital humano. A preocupación pola formación das persoas maniféstase no aumento do número de titulados universitarios rexistrado na Comunidade Autónoma nos últimos anos. Sen embargo, segundo indicou o presidente da Xunta, Galicia debe situar a súa “excelencia de coñecementos nos niveis das economías máis competitivas” do seu contorno.

AUMENTO DO CAPITAL TECNOLÓXICO

Tal e como manifestou Manuel Fraga, os niveis de adaptación ás novas tecnoloxías aínda “son reducidos” en Galicia. A alta tecnoloxía unicamente está presente de modo significativo na industria farmacéutica galega. No resto dos sectores de tecnoloxía avanzada “a presencia galega é sólo testimonial”, segundo o presidente da Xunta. Neste sentido, cualificou como “verdadeiramente esencial” o incremento de capital tecnolóxico para a economía galega.

O Goberno galego aposta por avanzar nas políticas de I+D ata que a súa influencia se traduza no 1,5 por cento do PIB galego, segundo indicou Manuel Fraga, quen tamén lembrou ao finalizar a súa intervención que a economía galega creceu tres décimas por riba da do conxunto de España no último exercicio e que o PIB da Comunidade Autónoma subiu un 3 por cento, 1,2 puntos por riba da media europea. Ademais creáronse en Galicia 25.000 postos de traballo en sectores non agrarios no último ano.

INTERVENCIÓN DEL PRESIDENTE DE LA XUNTA EN EL ALMUERZO CON MOTIVO DE LA JORNADA ESTRATEGIAS PARA LA COMPETITIVIDAD REGIONAL EN EL MERCADO GLOBAL

-“En alguna otra ocasión he tenido la oportunidad de indicar que una fórmula para hacer frente a los retos de la globalización era, precisamente, regionalizar la globalización. ¿Qué quiere decir esta expresión? Algo muy sencillo: que para competir con garantías de éxito en un universo económico mundializado es necesario apoyarse en las palancas de la diferenciación y de las ventajas comparativas que le son propias a cada territorio”.

-“La evolución reciente de nuestra economía nos indica que se ha producido una mejora histórica en la dotación de nuestros recursos productivos. Pero eso no es óbice para que sigamos empeñados en una estrategia de política económica que priorice, de acuerdo con nuestras propias características, el incremento del capital productivo público, la mejora del capital humano y el aumento del capital tecnológico”.

-“Así, nuestra Comunidad Autónoma, pese a las notables mejoras experimentadas en esta materia, sigue teniendo un déficit en la dotación de capital productivo público. Un aspecto en el que se pone de relieve esta circunstancia es la insuficiencia de dotación de vías de gran capacidad”.

-“Pero lo más importante es que tenemos una asignatura pendiente con la dotación de infraestructuras ferroviarias, señaladamente en el tren de Alta Velocidad que nos unirá con la meseta y Europa. Ni que decir tiene que el estricto cumplimiento de las previsiónes del Plan Galicia –ese que el Gobierno socialista de Madrid se empeña en no cumplir- es condición sine qua non para paliar este déficit”.

-“También tenemos que seguir mejorando nuestro capital humano porque somos conscientes de que no basta sólo con una política de infraestructuras para dinamizar un territorio. De esta preocupación por la formación del capital humano es una prueba el hecho de que la proporción de titulados universitarios se ha incrementado en seis puntos desde 1994”.

-“Por otra parte, hoy, como todos ustedes conocen perfectamente, la competitividad de una empresa o de un territorio está vinculada estrechamente a su capacidad para desplegar altas dosis de capital tecnológico. Pues bien, en Galicia todavía los niveles de adaptación a las nuevas tecnologías son reducidos. De hecho, la alta tecnología sólo está presente de manera significativa en la industria farmacéutica”.

-“Mi Gobierno apuesta por avanzar en los niveles de gasto para políticas de I+D hasta alcanzar el 1,5 por ciento de nuestro PIB, sumando los esfuerzos del sector público con las iniciativas del sector privado”.

-“Permítanme, únicamente, que les recuerde que en el último ejercicio, Galicia creció tres décimas por encima de España, que nuestro PIB subió un 3 por ciento, 1,2 puntos más que la media europea y que nuestra economía consiguió crear más de 25.000 puestos de trabajo en los sectores no agrarios”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia