Política Agroalimentaria destina 12.000 euros a un proxecto de formación agraria desenvolvida por Cáritas

A Xunta de Galicia, consciente de que esta é unha ocupación moi beneficiosa para a integración social de persoas acollidas nas institucións e unha alternativa para a futura incorporación laboral na actividade agraria, financiará a actividade con 12.000 euros.
Estes cursos cumpren a dobre finalidade de exercitar un traballo positivo e enriquecedor a nivel individual e fomentar unha habilidade con grandes posibilidades para a formación profesional e a integración no mercado laboral.
Ademais, estes cursos gozan de gran aceptación e aproveitamento, permitindo que algúns dos seus alumnos se instalen como profesionais da agricultura, axudando así á incorporación de xente nova no sector agrario.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia