Skip to main content

Belén Prado clausura o obradoiro de emprego Río Verdugo III, en Ponte Caldelas

A conselleira en funcións de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Belén Prado, clausurou en Ponte Candelas o Obradoiro de Emprego Río Verdugo III, que se desenvolveu no municipio pontevedrés alumnos durante o último ano. O departamento autonómico financiou esta iniciativa cunha partida de 723.782,44 euros.

Prado animou aos alumnos a continuar a súa aprendizaxe e a aproveitar os recursos que pon á súa disposición a Xunta para atopar traballo: a rede de técnicos de emprego, a de orientadores laborais e as axudas á posta en marcha de negocios, entre outros.

Ademais, a conselleira en funcións destacou a triple dimensión dos programas de formación coma os obradoiros de emprego, que acadan un triple obxectivo: aumentan a formación dos desempregados, impulsan actuacións de interese social e artellan a colaboración institucional entre a Xunta e os concellos.

O obradoiro de emprego contou coa participación de 42 alumnos, dos que o 79% eran mulleres. Formáronse durante doce meses nas especialidades de albanelería, cantería, carpintería e xardinería-medio ambiente. Os participantes no obradoiro traballaron na recuperación da marxe do río Verdugo, na 3ª fase do acondicionamento do paseo fluvial, na remodelación do contorno da praia fluvial e na construcción de vestiarios do Campo de Fútbol Chan da Barca.

POLÍTICAS DE EMPREGO

A Xunta vén apoiando o desenvolvemento de escolas obradoiro e obradoiros de emprego na provincia de Pontevedra dende 1998. Dende ese ano, concedéronselle á provincia 94 destes proxectos. Hai unhas semanas, a consellería de Emprego aprobou outros 9 máis, dos que se beneficiarán 320 alumnos.

Este tipo de programas, así coma as demais iniciativas integradas nas políticas activas de emprego da Xunta (as axudas ao emprego autónomo, o Programa Labora, o Programa de apoio as iniciativas de emprego de base tecnolóxica, etc), presentan unha elevado índice de inserción laboral. Arredor do 70% dos alumnos que participan en escolas obradoiro e obradoiros de emprego atopan traballo tras rematar a formación.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia