Skip to main content

A Federación Ecoloxista Galega espera un cambio de rumbo coa substitución de Francisco García-Bobadilla Prósper

A Federación Ecoloxista Galega ve como positiva a decisión do Conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, ó cesar a Francisco García-Bobadilla Prósper, Director Xeral de Conservación da Natureza, que mantivo o cargo dende o inicio da Lexislatura en curso e nomeado polo anterior Conselleiro, Carlos del Álamo.
Como Director Xeral de Conservación da Natureza, García-Bobadilla deixou aparcadas toda política de protección e conservación da Naturaleza. Así, non se traballou nada polo desenvolvemento da Lei Galega de Conservación da Naturaleza, como é a recatalogación dos espacios naturais protexidos anteriores a dita Lei, creación e publicación do Catalogo de Especies Ameazadas de Galicia, ou os Decretos que regulan as Xuntas Consultivas de ditos parques. Nestes momentos estase a inclumplir os prazos que a Lei marcaba para realizar estas normativas.
Tamén se ten abandonada toda medida de protección e conservación dos espacios propostos a formar parte da Rede Natura 2000, sendo moi grave a situación se miramos ós espacios litorais co acontecido coa catástrofe do Prestige e as nefastas actuacións de limpeza, danando severamente os hábitats e de especies en perigo de extinción presentes.
O desinterese total polo parque Nacional das Illas Atlánticas e da xestión compartida de dito Espacio. Desinterese total na ampliación do parque Nacional, proponiendo so a illa de Tambo, illa que polas súas características ambientais non ten nada que ver co Parque Nacional e esquendose de outros espacios (I. Sisargas, Enseada Umia-Grove, Corrubedo, Costa da Vela, etc. ) que teñen que ver co Parque Nacional.
García-Bobadilla interesouse moito máis polas competencias en caza e pesca fluvial e no fomento destas actividades que non pola súa xestión e que neste sentido e viuse implicado nalgunhas irregularidades como a realización sen permiso dun cercado cinexético para un couto de caza intensiva no Bidueiral de Montederramo, un dos nosos mellores bosques autóctonos ou a realización de obras de taponamento presas no río Ulla, prexudiciais para as poboacións salmón.
A FEG desexa que cambio de Director Xeral de Conservación da Naturaleza e do Director de Calidade Ambiental sirva de para un cambio serio na Política Autonómica en Materia de Medio Ambiente, e deixe de estar a expensas da Política das Outras Consellerías.
Federación Ecoloxista Galega (FEG)