Skip to main content

O SLG presentou alegacións ao borrador do Plan estratéxico de agricultura ecolóxica

O Ministerio de Agricultura (MAPA) está a elaborar un plan estatal de desenvolvemento da agricultura ecolóxica, diante do cal o Sindicato Labrego Galego presentou unha serie de críticas constructivas.
En primeiro lugar, o SLG critica non ter recibido ningún tipo de proposta nin notificación deste plan por vía institucional como representante do sector agrario ao que afectarían as medidas contempladas no proxecto ministerial. Este e outros indicios demostran que o diálogo ofrecido non existe; pola contra, sospeitamos que o diálogo ofrecido polo MAPA no pasa de ser unha simple operación de cosmética.
En segundo lugar, está claro que o plan proposto responde a obxectivos puramente publicitarios. Non hai seriedade ningunha no documento, que non é máis ca una declaración de intencións sen orzamentos, sen obxectivos e sen planificación.
En terceiro lugar, o documento non realiza ningunha análise minimamente seria da situación actual da agricultura ecolóxica no Estado. Está totalmente orientado por unha visión industrial da producción ecolóxica. Ademais, descoñece por completo a esencia deste tipo de producción. Por se fose pouco, o MAPA volve pecar de algo ao que xa nos ten acostumados aos labregos e labregas de Galicia: non ten en conta as peculiaridades galegas neste eido da agricultura, e o plan está moito máis orientado a outras zonas do Estado.
Pese a estas críticas, o SLG formulou, para cada un dos obxectivos propostos polo MAPA, suxestións dirixidas á promover unha agricultura ecolóxica con futuro ao servicio da sociedade.

Gabinete de Comunicación Sindicato Labrego Galego (SLG)