Skip to main content

EU-IU pídelle ó BNG e o PSOE que fagan un esforzo de entendemento en Ponteareas

Si se demostra que o concellal de urbanismo, Bolivar, é responsable dunha obra ilegal, inda que legalizable, entendemos que debeu resolver o tema satisfactoriamente antes de asumir a responsabilidade de urbanismo.
Consideramos precipitada a decisisión do alcalde de destituilo, xa que debeu facilitar que a propia Comisión de Goberno resolvera colectivamente o asunto.
Parécenos asimesmo desproporcionada a decisión dos concelleiros deo BNG de demitir, xa que pon ó goberno municipal en graves dificultades.
Ante a discrepancia pública entre PSOE e BNG sobre o proceso de remodelación do goberno, dende EU-IU reiteramos a nosa chamada a un entendemento entre estes partidos que teñen o deber de garantir a viabilidade do goberno de coalición.
Parécenos que o prioritario agora é un pacto de goberno que supoña avances reais democráticos e dificulte o retorno do delictivo clan Castro.
Respecto a ese deseable pacto adiantamos a nosa discrepancia con algunhas propostas anunciadas como a pretendida legalización de obras ilegais mediante cambios no Planeamento, a privatización da RTMP ou a privatización da recollida do lixo.
X. Román Alonso Santos (Coordinador Local de EU-IU)