Skip to main content

EU-IU denuncia que o Concello de Ponteareas deixou sen calefacción ó CEIP Fermín Bouza Brey

Un problema que xa é vello, volveu a repetirse. O martes pasado desenvolvéronse as clases no CEIP Fermín Bouza Brey sen calefacción por falta de fuel.
Pais e profesores veñen denunciando ano tras ano a situación deste centro, pois o sistema de calefacción é insuficiente para manter a temperatura mínima que a normativa de saúde laboral establece para o traballo administrativo.
Si á insuficiencia do sistema se lle engade o racaneo de fuel por parte do concello atopámonos con que en certos días do ano sea imposible desenvolver o traballo escolar con normalidade.
Ata este curso a complicidade do goberno municipal rexido pola familia Castro facía pinza coa política do PP contraria á escola pública. Agora atopámonos con que o goberno do BNG-PSOE tampouco afronta a cuestión co compromiso que cabe esixir a partidos que se din de esquerda.
Dende EU-IU esiximos que por parte da Xunta se cumpra coa lei e dote ó CEIP Fermín Bouza Brey dun sistema de calefacción acorde cos tempos.
EU-IU de Ponteareas