Skip to main content

Conclusións do Congreso da Memoria A Represión Franquista en Galicia

1. Dirixirse á FEGAMP e ás Deputacións para que estimulen no conxunto dos concellos galegos a recuperación da memoria histórica democrática para saldar a débeda coas víctimas do franquismo e con tódolos homes e mulleres que mantiveron en condicións extremadamente adversas a bandeira da liberdade e da democracia.
2. Incluir nesta petición a incorporación nos rueiros, prazas, parques e monumentos, dos nomes das devanditas persoas e simultáneamente, proceder á retirada da simboloxía franquista.
3. Devolución do patrimonio ás entidades afectadas polo golpe militar de 1936.
4. Dirixirse ao Parlamento de Galicia para que sexan rehabilitados moral e políticamente, e sexan compensados económicamente, tódolos represaliados da dictadura franquista.
5. Instar ao Goberno da Xunta de Galicia e ao conxunto dos poderes públicos para dispor de fondos económicos que permitan o financiamento dos traballos de investigación e recuperación da nosa historia, do noso patrimonio artístico e literario silenciado, e transmitilo ás novas xeracións e tamén para o correcto enterramento das víctimas que hoxendía están enterradas nas fosas comúns.
6. Favorecer a apertura da totalidade dos arquivos para a investigación.
7. Dirixirse á Igrexa Católica para que faga unha análise autocrítica do seu papel colaboracionista na represión desenvolvida pola dictadura franquista.
8. Extender as conclusións deste Congreso ao conxunto da sociedade galega, para que esta coñeza a extensión real e as consecuencias da violencia represiva en tódalas súas manifestacións.
9. Que rematen as trabas administrativas para a legalización das entidades que traballan neste eido.
10. Amosar públicamente o apoio do Congreso á solicitude presentada e debatida no Parlamento español, no pasado setembro, a prol da anulación dos xuizos sumarísimos realizados no franquismo.
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática