Skip to main content

O Sindicato Labrego Galego elixirá en Monforte de Lemos á Dirección Sectorial de Producción Ecolóxica

O evento terá lugar na Aula da Cultura de Monforte de Lemos (Lugo), e del xurdirá un novo órgano de xestión e traballo dentro da organización sindical: a Dirección Sectorial de Producción Ecolóxica. Para chegar aquí, o SLG realizou nos últimos meses un proceso para que a afiliación aportase as súas achegas a un borrador redactado por unha comisión de expertos no sector. A creación dunha Dirección Sectorial de Producción Ecolóxica dentro do SLG obedece a unha aposta decidida e sen fisuras da organización por este xeito de producir.
A continuación, transcríbese o programa de actos. Os profesionais dos medios de comunicación poderán asistir dende o inicio da xornada ata as 12.00 horas, intre no que se debaterá o documento congresual a porta pechada. Posteriormente, tamén poderán asistir á clausura, ás 19.00 horas, na que poderán ter acceso ao documento definitivo e coñecer á composición da Dirección Sectorial de Producción Ecolóxica e ás persoas que a integren:
10:00 Recepción
10:30 Inauguración a cargo do Secretario de Organización do SLG, Álvaro García Freire.
11:00 Inicio da sesión: explicación do funcionamento do congreso, aprobación do regulamento, elección da mesa.
11:30 Pleno e relatorio: Organizativo: Pilar Penín, Introducción: Isabel López, Situación: Eloi Davila, Propostas: Xosé Manuel Durán (10 minutos por persoa).
12:00-12:30 Debate das enmendas.
14:00-16:00 Xantar ecolóxico
16:00-18:00 Pleno
18:00 Elección da Dirección Sectorial de Producción Ecolóxica (DSPE)
19:00 Remate e clausura: Presentación das persoas elixidas para a DSPE; Resume, conclusións e clausura.

Gabinete Comunicación Sindicato Labrego Galego