Skip to main content

Acto do Partido Comunista de Galicia en homenaxe a Antonio Seoane Sánchez e José Gómez Gayoso

Interviron en este acto o gran poeta comunista Marcos Ana (do que os medios de comunicación deron certa resonancia da súa presencia en Galicia) e tamén falaron o profesor Xesús Alonso Montero e o Secretaro Xeral do PCG, Carlos Portomeñe así como o do PCE, Francisco Frutos.
O acto acolleu a presencia de varios centos de comunistas, simpatizantes, amigos e antifascistas, resultando un acto cheo de emotividade e moi ben acompañado pola música do excelente grupo galego A Quenlla, así como o gaiteiro José Taboada e o dúo de corda Moriatov que interpretaron o Himno de Riego e A Internacional.
Tamén tivo moito éxito a publicación de un libro sobre este acontecemento publicado por Edicións do Castro e que se poderá atopar nas libreirías. Pola tarde o Centro Cultural a Fabrica de Perillo (Oleiros) estivo abarrotado para ver o recital poético de Marcos Ana presentado polo profesor Alonso Montero e acompañado polo Grupo A Quenlla.
Partido Comunista de Galicia