Skip to main content

Día da Infancia Misioneira: 25 de xaneiro 2004. Ti tamén es misioneiro

A Obra da Infancia Misioneira é un servicio pastoral posto a disposición dos pais, mestres e catequistas, dende hai máis de 100 anos, para que os nenos sexan protagonistas da misión ad gentes, ademais de ter coma obxectivo cos nenos animen e compartan con outros nenos que non teñen.
O día 25 celébrase en España esta Xornada que está organizada polas Obras Misionales Pontificias, e que ten eco en tódalas parroquias e centros educacionais. A Infancia Misioneira, extendida por todo o mundo, coopera actualmente na atención de máis de vinte millóns de nenos. O diñeiro que se recolle dos donativos é invertido en proxectos dos cinco continentes: escolas maternais, escolas medias, hospitales, dispensarios, orfanatos, proxectos de apoio escolar, proxectos en favor de nenos impedidos víctimas de conflictos armados e proxectos de formación espiritual diocesana.
Actos organizados na Diócese de Lugo:
-Campaña de sensibilización en colexios, institutos, parroquias, etc. Durante a semana dous misioneiros están dando charlas e participando en coloquios cá finalidade de dar a coñecer a realidade que se vive nos países de misión. Tréase de José Luis Vale, misionero Comboniano que estivo en Mozambique durante 30 años; y Juan Febreros, misionero del IEME que estivo en Perú.
-Día 25, Eucaristía para nenos na Parroquia de Santiago A Nova, ás 12 da maña; e colecta en tódalas parroquias de diócese para recaudar fondos de axuda os nenos dos países máis necesitados.
Carta Pastoral: Ti tamén es misioneiro
O día 25 de xaneiro ten lugar na Igrexa a celebración da Xornada da Infancia Misioneira, Obra Pontificia que conta con máis de 161 anos de existencia.
Diríxese este ano ós nenos e xoves con este lema: Tí tamén podes ser misioneiro. Trátase de esperta-la conciencia misioneira universal para implicarse segundo as posibilidades de cada un, na misión da Igrexa de anuncia-lo Evanxeo a tódolos homes.
Tí, neno ou xove, podes ser mañá misioneiro en terras de misión, deixando a túa terra e a túa xente para entregarte totalmente a aqueles que descoñecen o Evanxeo. Non debes descartar esa chamada.
Pero hoxe xa podes ser misioneiro. Mellor aínda: hoxe xa es misioneiro, se vives como un bo crsitián. Es misioneiro coa túa oración, coa túa preocupación polos que non coñecen a Cristo, coa túa xenerosidade, coa a túa apertura a unha fraternidade universal.
Certo que no teu entorno hai nenos que necesitan a túa axuda material e espiritual. Debes axudalos. Pero a túa mirada ten que ser máis ampla. Un neno que pertence ó Movemento Infantil Misioneiro coñece o decálogo do neno misioneiro. Quixera recordarche o primeiro mandamento deste decálogo: un neno misioneiro mirará a tódolos homes con ollos de irmán.
Se os nenos de todo o mundo vivisen este mandamento, a realidade sería outra. Empeza vivíndoa ti. Hai que recupera-la dignidade das persoas e especialemtne a dos nenos, os preferidos de Xesús, que se ven faltos de pan e de instrucción, sometidos a explotación, tratos vexatorios, morte prematura...
Falo ós nenos, pero quixera que tamén me entenderan os pais e os educadores da infancia e a xuventude. Nas súas mans está, en gran parte o presente dunha infancia mellor e o futuro dunha nova humanidade.
Os cristiáns e a xente de boa vontade seguen respondendo ás chamadas anuais á solidariedade cos nenos dos países de misión e de apoio ás persoas que están entregadas á atención destes nenos.
O ano pasado os diocesanos de Lugo aportaron para esta causa, a través da Delegación de Diocesana de Misións, 14.114 €. Un ano máis esta Xornada pide a nosa colaboración para dar resposta a todo o que con ela se pretende. Atrévome a pedi-la xenerosidade de todos.
Gonzalo Fraga Vázquez (Vicario Xeral da Diocese)