Skip to main content

A Comisión Europea, moi crítica coa labor do Goberno ante a catástrofe do Prestige

Catherine Day recoñeceu que o Goberno Español rexeitou as proposta da Comisión Europea de axuda para a coordinación da asistencia tras o accidente así como para a investigación dos impactos medioambientais.
Esto supón que o Goberno traballou coa intención de minimizar os danos tanto ante a opinión pública como ante as institucións europeas en vez de preocuparse por reducir os impactos e aprender da catástrofe.
Respecto ás afeccións nos espacios da Rede Natura 2000 do litoral galego (máis de 20), cuestión esta denunciada por ADEGA, veu a dicir que antes de fin de ano as autoridades deberán adoptar plans de xestión e recuperación medioambiental.
A Comisión Europea recoñeceu non ter información de que se efectuaran estudios epidemiolóxicos ou outros sobre a contaminación non visible provocada polos hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAP) sobre a cadeas tróficas no medio mariño, cuestión esta de capital importancia para vida mariña (o que inclúe as especies de interese económico directo) a medio e longo prazo.
O próximo día 5 de abril, votarase o informe final do poñente Dirk Sterckx con quen recentemente se entrevistaron membros de ADEGA.
Dende ADEGA queremos lembrar que no litoral galego aínda existen máis de 300 puntos de contaminación extrema, segue a chegar fuel ao litoral e frecuentemente atópanse aves mariñas petroleadas. A problemática ambiental do Prestige está aínda moi lonxe de ser superada.
Adega