Skip to main content

A Catedral de Lugo acolle o Mércores Santo, día 7 de abril, ás 11 da mañá, a celebración da Misa Crismal, coa participación de cerca de 300 sacerdotes

Na Misa Crismal conságranse o Santo Crisma e bendícense os óleos dos catecúmenos e dos enfermos. O Santo Crisma é o óleo perfumado que representa ó mesmo Espírito Santo, que se nos dá xunto cos seus carismas o día do noso bautizo e da nosa Confirmación e tamén na ordenación dos diáconos, sacerdotes e bispos.
A palabra crisma provén do latín chrisma, que significa unción. Así se chama o aceite e o bálsamo mesturados e consagrados polo Bispo para unxir ós novos bautizados e signar ós confirmados.
A Misa, coa consagración do Crisma e a bendición dos Santos Óleos, celebrarase na Sta. Igrexa Catedral, o 7 de abril ás once da mañá.
Despois o Bispo e os presbíteros compartirán, no Seminario Diocesano, un xantar de fraternidade.
Máis información: www.igrexa.org/lugo



Gabinete de Comunicación Bispado de Lugo