Skip to main content

O PP alíase coa corrupción e a delincuencia en Ponteareas

Os concellereiros da UCPA formaron candidatura nas derradeiras eleccións municipais con J. Castro, ex-alcalde de Ponteareas, condenado polo supremo en diversos delitos e actualmente inhabilitado. Concelleiros coma a propia Nava Castro ou ex-concelleiros deste grupo atópanse incursos en procesos penais relacionados co exercicio do goberno municipal. Pódese asegurar, pois, que o grupo da UCPA está políticamente interrelacionado coa corrupción e delincuencia.
Dende EU-IU consideramos que detrás desta moción de censura compre situar a grupos de presión ligados á corrupción urbanística local, o clientelismo e ó capitalismo na súa versión máis reaccionaria.
Dende EU-IU tivemos e temos serias discrepancias con certas carencias do goberno de coalición BNG-PSOE especialmente referidas á transparencia na xestión económica, de persoal ou urbanística, entre outras. Pero, dados os resultados electorais vixentes e a composición da corporación municipal, era a mellor opción para Ponteareas.
Estamos convencidos de que a mobilización dos traballadores e trabalalladoras ponteareáns impedirá a volta atrás e permitirá novos avances democráticos necesarios.
Secretaría Permanente IU (Agrupación Local de Ponteareas)