Skip to main content

Primeiro de Maio

No acto inaugural tomaron a palabra os secretarios comarcais de Ferrol, Pontedeume, Coruña, Ourense e Lugo, que saudaron e se felicitaron de contar cunha sede con mais capacidade que servirá para mellorar os servicios os afiliados e o funcionamento de todo o Sindicato.
Pechou o acto o Secretario Xeral, José Maria Freire, pedindo en primeiro lugar un minuto de silencio en memoria dos que perderon a vida o 11-M, referindose a continuación as que son para a ustg principais reivindicacións a salientar e sobre as que reflexionar neste 1 de maio: A PAZ E O TRABALLO.
Saudou, a valente decisión do novo goberno de España de ordenar a retirada das tropas de iraq, desexando que esta nova postura de España contribúa a fornecer unha posicion, no seo da Unión Europea, que devolva a iniciativa, nas relacións entre os pobos do planeta, á xenuína organización internacional: á ONU e o seu fundamento: ó Dereito Internacional.
Reclamou a mesma valentía política do novo goberno do psoe, para tomar decisións que diminuan considerablemente o alto índice de temporalidade e precariedade no emprego.
Denunciou que Galicia segue a ser a 3ª comunidade autónoma tras Andalucía e Extremadura cun maior nivel de desemprego con mais de dous puntos por riba da media de España.

Demandou do novo goberno a concreción de dotacións orzamentarias e prazos de execución para a meirande parte das medidas contidas no chamado Plan para Galicia e a súa ampliación como prometeu na campaña electoral o PSOE.
Rematando cunhas reflexións reclamando o esforzo da militancia para facer mais grande e capaz o proxecto xenuino da autonomía e da independencia que soio a USTG representa en Galicia.

USTGALICIA