Skip to main content

Presentado o vídeo da homenaxe ós comunistas Gaioso e Seoane feito no 2003 na Coruña

A cinta contén a integridade das intervencións e das actuacións musicais do fermoso acto celebrado o ano pasado no cemiterio civil de San Amaro por iniciativa do Partido Comunista de Galicia. O acto foi presentado pola catedrática de literatura española Carme Becerra e contou coas intervencións de Xesús Alonso Montero (intelectual e membro da Real Academia Galega), Carlos Portomeñe (Secretario Xeral do PCG), Francisco Frutos (Secretario Xeral do PCE) e a sempre emocionante intervención de Marcos Ana, poeta e preso político durante máis de vinte anos. Todo aderezado da boa música do grupo A QUENLLA.
Pódese atopar nas sedes comarcais do PCG ou pedilo directamente ó Comité Comarcal do PCG da Coruña ó seguinte enderezo: acorunha@pcgalicia.org.
Secretaría de Comunicación do PCG