Skip to main content

Celebracion das letras galegas en Toulouse

Dito evento quixo unir o aspecto cultural e festivo desta importante xornada para a lingua galega. Aproveitando a reunión de tódolos socios e simpatizantes para unha cea na que non faltou o pulpo ou a tarta de Santiago, o lingüísta Xosé Antón Pérez Bouza diu unha conferencia para presentar a personalidade e a obra de Xaquín Lorenzo. A continuación, o grupo folklorico “Xente Nova”, de Andorra, actuou en distintos momentos da noite, así coma o cómico Melchor, que viu especialmente dende Galicia para presentar o seu espectáculo de monólogos.

 

Tamén estivo presente coma invitado o vicepresidente do Parlamento Europeo, Gérard Onesta, quen tomou uns momentos a palabra para recordar o naufraxio do Prestige e covidar a todos a celebrar a diversidade cultural europea.

Maria Fariña Casal