Skip to main content

Xornada da Vida Consagrada Contemplativa

Nesta xornada lembramos a grande laboura que realizan dentro da Igrexa as comunidades relixiosas monacais.Os obxectivos da Xornada  podemos resumilos nos seguintes:
1. Oración a favor dos relixiosos e relixiosas de vida contemplativa, como expresión de recoñecemento, estima e gratitude polo que representan, que é o rico patrimonio espitual da Igrexa.
2. Facer unha catequese de cara a dar a coñecer a vocación específica da vida contemplativa.
3. E terceiro promover iniciativas pastorais dirixidas a promove-la vida de oración e a dimensión contemplativa nas Igrexas particulares; dando a posibilidade ós fieis de participar nas celebracións litúrxicas dalgún mosteiro, onde sexa posible, e salvagardando as esixencias e as leis da clausura.
Na nosa Diocese hay un total de 46 monxes e de 316 monxas de clausura, repartidos nos seguintes mosteiros:
1. BENEDICTINOS. A Real abadía de San Xulián e Santa Basilisade Samos. Teñen unha Hospedería con capacidade para 30 persoas en  habitacións individuáis.
2. AGUSTINAS RECOLETAS. En Lugo cidade na praza deSanto Domingo.
3. BERNARDAS CISTERCIENCES. Teñen o seu mosteiro enFerreira de Pantón. A Hospedería ten capacidade para 5 personas.
4. CARMELITAS DESCALZAS, de Muxa. Mosteiro da Santísima Trinidade.
5. As CLARISAS en Monforte. Mosteio da Purísima Concepción.
6. SALESAS, Mosterio da Visitación. En Lugo, na rúa Bispo Ona de Echave.
Carta Pastoral do Bispo Frei Xosé Gómez:
Colaborar na construcción de Europa
Con frecuencia recibimos informacións que nos falan da construcción da nova Europa. En todas elas resáltase a necesidade de construi-lo que se chamou casa común europea superando barreiras e individualismos nacionais na perspectiva dunha maior solidariedade. Así, por exemplo, con motivo da recente incorporación de novos países á Unión Europea e máis recentemente, ante as eleccións ó Parlamento Europeo.
A identificación dunha nova Europa – o seu futuro, o seu sistema de goberno, a súa correlación solidaria- atínxenos a tódolos europeos. E os que somos cristiáns temos, ademais, neste empeño unha tarefa específica. Por elo o Papa invítanos a cooperar con esperanza neste proceso de integración e reconciliación mediante o diálogo teolóxico, espiritual, ético e social. Porque, como o mesmo Pontífice recorda insistentemente, a identidade europea é incomprensible sen o cristianismo.
Non é extraño, pois, que para a Xornada da Vida Consagrada Contemplativa, que celebramos o 6 de xuño, se escollera como lema: Edificade sobre rocha. A vida monástica na nova Europa.
É innegable a gran influencia que na evanxelización de Europa e na construcción da súa identidade cristiá tiveron as comunidades monacais. Europa, en efecto, xurdiu do encontro e da integración, lenta e a miudo conflictiva, entre a cultura grecorromana e o mundo xermánico e eslavo, convertido pouco a pouco ó cristianismo coa aportación singular dos grandes iniciadores da vida monástica tanto en oriente como en occidente.
Desgraciadamente, a partir, sobre todo, do século XVIII, eses valores non deixaron de escurecerse e debilitarse. E aínda que persiste a súa luminosa irradiación, o lento avance do laicismo loita por cenvertelos en simples recordos do pasado.
Neste contexto da indiferencia relixiosa os crsitiáns temos o deber de aportar á nova Europa un plus de alma. Temos que axudar a manter vivo e fructífero o patrimonio espiritual recibido., esa enerxía de verdade, de amor e de paz que foi insertada desde os mosteiros na Europa dos comenzos e que recibimos como preciosa herdanza de fe e de cultura.
Por elo a Xornada da Vida Consagrada Contemplativa invítanos a achegarnos ás comunidades contemplativas. Nelas consérvanse ás raíces que fixeron posible o nacemento e crecemento de Europa e a súa grandiosa cultura. Sentirémonos estimulados a vivir máis coherentemente co Evanxeo, profundizando na dimensión espiritual da nosa identidade na súa aplicación ós diversos ámbitos da vida cotiá: familia, traballo, cultura, economía, etc.
Poderemos apreciar máis e mellor algúns valores como a Oración, a solidariedade, a esperanza, a disponibilidade, imprescindibles para edificar unha sociedade realmente xusta e solidaria cimentada sobre rocha, como aconsella o Evanxeo.
O recoñecemento da supremacía absoluta de Deus, que os monxes e monxas viven coa súa entrega total e coa súa conversión permanente, axudaranos a comprender que Deus non é un personaxe lonxano, senón que anda tamén entro os pucheiros como dicía Santa Tereixa. E porque anda en medio das familias, dos pobos e da historia, sentiremos con maior viveza a necesidade de edifica-los nosos proxectos sobre rocha que Él nos deu: Cristo, Señor e Salvador dos homes.
Diócese de Lugo