Skip to main content

Os alumnos do I Curso de Historia de Institucións da UE visitaron as súas sedes

Os alumnos tiveron a oportunidade de visitar a sé principal do Parlamento Europeo, do Consello de Ministros e da Comisión. En cada unha destas visitas foron recibidos por representantes institucionais e asistiron a explicacións sobre o seu funcionamento na práctica, sobre o proceso de adopción de decisións e sobre a vida cotiá dos funcionarios e bolseiros das institucións.
No Parlamento participaron nunha sesión sobre as vindeiras eleccións e sobre os principais problemas e perspectivas desta institución que acadará proximamente os 732 europarlamentarios e na que xa están presentes traductores das 20 linguas oficiais da UE e infraestructuras para permitir a presenza dos representantes nacionais dos países candidatos á adhesión prevista cara o ano 2007. Ademais coñeceron o eido mesmo onde se redactou e se fragüou o Proxecto de Constitución europea a piques de ser presentado para a súa aprobación no Consello Europeo de xuño de 2004.
No Consello de Ministros aprenderon os modos de negociación e de traballo en áreas temáticas tan importantes para Galicia como a Política Rexional e escoitaron de primeira man a experiencia dun dos funcionarios españois encargados da Secretaría Xeral desta institución. Xa na Comisión recibiron unha longa conferencia que supuxo un sólido repaso ao aprendido no curso e mantiveron contactos con represententantes ao máis alto nivel.
Doutra banda, o grupo foi tamén recibido na Fundación Galicia Europa na súa oficina de Bruxelas onde recibiron unha charla sobre o funcionamiento e actividades da Fundación a prol de Galicia e mantiveron conversas con varios dos seus representantes sobre as posibilidades de acceder a prácticas e bolsas na propia Fundación. Ademais, un dos membros do persoal da Fundación acompañou ao grupo na meirande parte das actividades realizadas.
As facultades organizadoras e o Centro de Documentación Europea agardan continuar esta iniciativa en vindeiras edicións do curso para o que contaron coa colaboración da Xunta de Galicia, Uniemprende, Radio Voz, El Correo Gallego, a Fundación Galicia Europa, a Comisión Europea e o Parlamento Europeo. Pódese obter máis información sobre o curso e as previstas futuras edicións en cdesec2@usc.es.
Gabinete de Comunicación USC