Skip to main content

Nota de prensa contra a privatización do Teatro Colón

En tempos nos que todo ente público trata, ou debería tratar, de contar cun centro de
programación cultural proprio, non se entende que a Deputación Provincial queira desprenderse dun espazo de tanta relevancia e potencialidade coma o Teatro Colón. Se ben é certo que a Deputación non acabou de deseñar nunca unha política de utilización e definición de contidos para ese emblemático espazo, non é menos certo que tal eiva non se supera coa simplista e miserábel solución de se desfacer do continente. Antes ao contrario, o que a Deputación debe facer é asumir o importantísimo reto de encher de vida e sentido un lugar que debería converterse en referencia de xestión cultural pública para toda a provincia.
Ao mesmo tempo a Asociación de Actores exprésase totalmente a favor de que as
administracións públicas poidan desenvolver convenios ou concertacións con movementos
asociativos e de representación cidadá, e mesmo con entidades privadas que promovan
iniciativas culturais e sociais de interese público, pero tendo en conta que os devanditos
convenios e concertacións non deben supór nunca a perda funcional ou patrimonial de bens de titularidade e disfrute público que, en mans privadas, acabarían quedando ao arbitrio de
intereses particulares.
Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia