Skip to main content

As negociacións de Comercio de Alimentación, en perigo ante a postura da patronal

Na última reunión da Mesa de Negociación, a patronal presentou perante a representación sindical, unha plataforma reivindicativa, pola que pretenden, non só a prática conxelación salarial dun Convenio que leva sen asinarse desde fai dous años, senón negociar unha vixencia por seis anos e, o que é aínda máis provocador, reducir, entre outras cousas, os salarios a perceber durante os períodos de baixa por enfermidade ou accidente, así como as cantidades a cobrar nas pagas extraordinarias.
Asimesmo, a patronal, pretende incluir no texto do Convenio Colectivo, todo un decálogo de faltas e sancións para os traballadores e traballadoras que, de prosperar, converterían o Convenio nun código penal en función do cal as empresas poderían sancionar mesmo co despido situacións que na actualidade, non serían nen constitutivas de falta.
Para a representación sindical, unida nunha soa Plataforma Sindical, a postura da patronal constitúe unha absoluta provocación, máis tendo en conta as precarias condicións, especialmente as salariais, que xa contén este Convenio e que a patronal pretende recurtar aínda máis, para converter así o sector nun dos máis precarios e con menos direitos de toda Galiza.
A plataforma sindical unitaria, logo do proceso informativo, reuniráse coa patronal o vindeiro día 15 de Xullo, para trasladarlle o resultado das consultas cos traballadores e as traballadoras e comunicarlle, se fora o caso, as accións a emprender como protesta pola situación.
Uso + Fetico + CC.OO. + UGT + CIG