Skip to main content

No peche da temporada de Salmón, a situación no río Ulla segue a ser insostible

Dende ADEGA insistimos en que a poboación de salmón atlántico (Salmo salar)
existente no río Ulla está en grave perigo de desaparición completa debido a
múltiples problemas que están a actuar de xeito sinérxico: á construcción antiga do
encoro de Portodemouros úneselle o valeirado por parte de Unión Fenosa deste de
xeito sorpresivo e contendo grandes cantidades de lodos que periódicamente barren o
Ulla, destruíndo postas e deteriorando as condicións físicoquímicas e bióloxicas
gravemente; igualmente nos coutos de Sinde e Couso, os caneiros existentes seguen
pechados dificultando o remonte de salmóns e reos e convertindo estes puntos en
auténticos matadoiros; a esto hai que lle engadir a pesca ilegal que se produce coa
connivencia da Consellería, ao facerse dentro da distancia de exclusión a presas
segundo a lei de pesca fluvial de Galicia.
Fai un ano ADEGA denunciou todos estes feitos e fai un mes, ADEGA voltou a denunciar novas irregularidades como o tráfico ilegal de permisos de salmón neste tramo do Ulla. Pero a situación segue exactamente igual, chegándose a pescar salmóns que posteriormente non son guiados. En ADEGA seguemos sen ter ningunha explicación ou resposta por parte da Consellería de Medio Ambiente a todos os feitos denunciados.

Resulta igualmente paradóxico á vez que triste que unha década despois da posta en marcha de actuacións tendentes a conservar o salmón atlántico, agora déase marcha atrás, pechando presas por parte da propia Consellería e permitindo a pesca manifestamente ilegal, tal e como testemuñan múltiples denuncias por parte do SEPRONA (Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil).

De seguir así a situación, a poboación de salmón atlántico extinguirase na bacia do Ulla en pouco tempo, todo elo co impulso consciente da Consellería de Medio Ambiente.
Adega