Skip to main content

Valoración do Sindicato Labrego Galego ó anuncio de demisión do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

1.- Resulta difícil de crer esta dimisión por motivos persoais, nun momento no que Fraga está anunciando unha remodelación do goberno.

2.- O Sindicato Labrego Galego, xa en varias ocasións ten pedido a dimisión do Conselleiro por incapaz. Incapaz para o dialogo coas organizacións agrarias e incapaz para dar resposta dende a súa área de goberno os problemas cada vez máis acuciantes que ten o agro e o mundo rural galego.

3.- O SLG insta ao novo Conselleiro ou Conselleira a convocar urxentemente aos Sindicatos agrários para consensuar medidas urxentes para poñer fin á desaparción de explotacións e para a elaboración dun Plan Galego de Política Agraria que revitalice os sectores productivos e devolva ao medio rural galego e vida que as políticas agrarias aplicadas nos últimos anos lle foron arrebatando
Sindicato Labrego Galego