Skip to main content

XXI Congreso Galeusca

O Congreso Galeusca, que chega este ano á súa XXI Edición, é un encontro que se organiza anualmente entre escritores e escritoras vascos, cataláns e galegos co dobre obxectivo de dar a coñecer as distintas realidades literarias de cada idioma e intercambiar experiencias, así coma compartir problemáticas comúns no proceso da creación literaria e a súa divulgación, co ánimo de encauzar solucións compartidas. A organización de este encontro vai rotando anualmente entre as 3 asociacións que conflúen nesta iniciativa : a AELC
(ASSOCIACIÓ D' ESCRIPTORS EN LLENGUA CATALANA), a EIE (EUSKAL IDAZLEEN ELKARTEA) e a AELG (ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA). Asimesmo, cada ano este encontro artéllase arredor dun tema de debate monográfico, sendo neste 2004 elixido o de A CIDADE E A PALABRA. A AELG quixo trasladar o papel de anfitrión deste encontro á cidade de OURENSE coma protagonista relevante de períodos clave da nosa historia cultural e de algunha das obras literarias máis emblemáticas das nosas letras.

GALEUSCA 2004 - PROGRAMA DE ACTOS
VENRES 29 DE OUTUBRO: OURENSE
19:30 horas, Recepción dos participantes [Hotel San Martín, Hotel Princess]
20.30 horas, no Liceo Ourensán.
Inauguración oficial do Galeusca 2004;
Presentación: CARLOS NEGRO (Secretario Xeral da AELG)
Interveñen:
EULOXIO RODRÍGUEZ RUIBAL
(Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega)
JAUME PÉREZ MONTANER
(Presidente da Associació d`Escriptors en Llengua Catalana)
ISABEL MILLET
(Membro da Xunta Directiva da Euskal Idazleen Elkartea)
JOSÉ ARAÚJO FERNÁNDEZ
(Concelleiro de Cultura de Ourense)
PILAR GALLEGO CID
(Concelleira de Cultura de Allariz)
Mª del CARMEN GARCÍA CAMPELO
(Directora Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia)
20.45 horas, no Liceo Ourensán,
Conferencia inaugural Ourense, universo literario, a cargo de MARCOS VALCÁRCEL.
21.30 horas, no Pazo Municipal de Exposicións,
Inauguración de O Papagaio: a pegada dos sentidos
Fotografía: MARIBEL LONGUEIRA.
Textos: LUÍSA VILLALTA
22.15 horas. Cea [Restaurante Sanmiguel]
SÁBADO 30 DE OUTUBRO: ALLARIZ
10.15 horas: Recollida no hotel dos congresistas e traslado en autocar a Allariz.
11.00 horas Recepción oficial na Casa do Concello de Allariz.
11.30-. MESA REDONDA
A imaxe literaria da Cidade nas literaturas galega, catalá e vasca
Presentación: CARLOS LÓPEZ BERNÁRDEZ
Relatores: FRAN ALONSO: Vigo
ISIDRE GRAU: Viñas de Savall (Cerdanyola del Vallès)
URTZI URRUTIKOETXEA: Bilbao
Nesta mesa, trátase de reflexionar sobre o proceso de elaboración dun imaxinario urbano nas tres literaturas nacionais; a cidade como realidade social e como espazo cívico, a cidade como territorio mítico e xungla urbana, cos seus tópicos temáticos, cos seus personaxes arquetípicos, cos seus mitos cinematográficos; a Cidade, tamén, como ámbito cultural que supón un forte contraste coa cosmoloxía do universo rural. A cidade, por último, como microcosmos que esixe a elaboración dunha linguaxe literaria moderna, contemporánea, ecléctica.
13.00 horas. Coloquio
14.00 horas. Xantar [Casa Tino Fandiño]
17.00 horas. Concerto de música clásica [Igrexa de Santiago]
a cargo de CONXUNTO HARMÓNICO
ILDUARA PERIANES GUITIÁN (voz)
LUCINIO MEDEL IGLESIAS (piano)
LEONARDO BLANCO NOVOA (violín)
SUSANNA BLANCO NOVOA (violonchelo)
Programa:
Música: Federico Mompou, Eduardo Toldrá, Manuel Castillo, Manuel Blancafort, Alberto Blancafort, Anselmo Iglesias, Javier Busto, Ataúlfo Argenta.
Letra: Ramón Cabanillas, Valentín Lamas Carvajal, Antón Tovar.
18.00 horas. Percorrido histórico-literario pola vila de Allariz
20.00 horas.
A palabra e a cidade: intervención no espazo
a cargo de ANTÓN LOPO
21.00 horas. Cea [Casa de xantar A Fábrica de Vilanova]
23.00 horas. Regreso a Ourense en autocar
DOMINGO 31 DE OUTUBRO
10.30. MESA REDONDA [Liceo Ourensán]:
A construción do alleo: as cidades do mundo desde a literatura galega, vasca e catalá.
Presentación: ANA ROMANÍ
Relatores/as: MARGA DO VAL (Tréveris)
MIGUEL-ANXO MURADO (Xerusalén)
JAUME PÉREZ MONTANER (Portland-Oregón)
TERESA PASCUAL (Casablanca ? / Tánxer?)
DAVID TIJERO (Nova Iorque)
JON ABRIL (Shangai)
Nesta mesa, participan seis autores/as (dous por cada literatura), que irán establecendo un diálogo entre diversos eixos xeográficos caracterizados pola antítese cultural con respecto á cultura autóctona. Cada escritor evocará imaxes e sensacións en torno a unha cidade allea ou exótica, contemplada dende a súa subxectividade creativa. Ana Romaní, en canto guía desta viaxe cosmopolita, encargarase de establecer un fío condutor que actúe como punto de enlace para o discurso de todos os participantes. Teceremos unha rede de cidades coa que, como nas liñas aéreas, pero sen os efectos perniciosos do desfase horario, viaxemos ás antípodas desde o vehículo da lingua propia.
12.30- Coloquio
14 horas. Xantar
17.00 horas. No Café Auriense, recital poético de presentación do libro
GALEUSCA: antoloxía poética (1990-2003)
Presentación: HENRIQUE RABUÑAL
Participantes: OLGA NOVO
PILAR PALLARÉS
XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS
LLUÍS ALPERA
MIQUEL DESCLOT
MARIA FULLANA
ERE IRASTORTZA
GERARDO MARKULETA
18.15 horas. Homenaxe ao poeta ANTÓN TOVAR.
Participantes: DELFÍN CASEIRO
XIÁN BOBILLO
19.00 horas: Paseo literario polas rúas de Ourense
Roteiro sobre A esmorga, de Eduardo Blanco Amor
acompañado da lectura de fragmentos da novela.
Coordina: MARCOS VALCÁRCEL
21.00 horas: Cea [Mesón-Restaurante A Adega do Emilio]
23.00 horas: Concerto de jazz [Café Latino]
a cargo de ABE RÁBADE TRÍO.
ABE RÁBADE (piano)
PACO CHARLÍN (contrabaixo)
RAMÓN ÁNGEL REY (batería)
LUNS 1 DE NOVEMBRO
10.30 horas. MESA REDONDA [Liceo Ourensán]:
Cidades utópicas, cidades soñadas, cidades futuras.
Trátase de reivindicar dende a creación aquelas cidades que non existen fisicamente, ben porque son xeografías imaxinarias, ben porque forman parte da mitoloxía ou da lenda; tamén se pode falar daqueloutras cidades que resultan invisíbeis, das cidades destruídas ou arrasadas pola guerra e tempo, as cidades marxinadas ou silenciadas...; por suposto, tamén das cidades utópicas e do futuro.
Presentación: CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS
Relatores: XAVIER QUEIPO
JOAN AGUT
JULEN GABIRIA
12.00 horas. Coloquio.
12.30 horas. Acto de clausura.
Outras actividades:
a) Libraría TORGA:
Exposición bibliográfica sobre os escritores/as do Galeusca
Olladas sobre as cidades do mundo: da literatura á fotografía
Coordina: XAVIER PAZ
b) Rúa ?
Exposición ao aire libre de Poemas sobre a cidade de Ourense
PATROCINAN:

- AELG
- CEDRO
- XUNTA DE GALICIA
- CONCELLO DE OURENSE
- CONCELLO DE ALLARIZ

COLABORAN:
- LICEO OURENSÁN
- LIBRARÍA TORGA
- CAFÉ LATINO
- CAFÉ-BAR AURIENSE


Asociación de Escritores en Lingua Galega