Skip to main content

VIII Congreso do Partido Galeguista

Coa máxima de recuperar a Identidade Galega o Partido Galeguista quere converterse nunha forza política moderada próxima ao pequeno e mediano empresario, entendido como base fundamental para a xeración de riqueza e emprego, e fomentando iniciativas de centro no económico e progresista no social. Queremos aos pequenos e medianos empresarios nun proxecto económico de centro, realmente de centro. Con iniciativas favorecedoras para aplicar ao talento individual dos emprendedores, afirmou o secretario xeral do partido, Manoel Soto, durante a súa intervención no Congreso. O VIII Congreso do PG, celebrado no Hotel Galicia Palace de Pontevedra, reuniu a máis de 300 delegados que aprobaron por unanimidade a Comisión Executiva e os Estatutos da formación galeguista que concurrirá ás próximas elección autonómicas baixo o lema Sempre Galiza. O Partido Galeguista persegue unha fonda reforma estructural do panorama político galego, comezando pola reforma do Estatuto e unha reformulación da Constitución. A formación propón a desaparición das deputacións provinciais, substituídas por poderes organizados comarcalmente próximas ao pobo e as súas demandas, converténdose na voz dos sen voz. O PG quere promover o achegamento e o diálogo con tódalas iniciativas políticas independentes e enche-lo baleiro deixado polas forzas maioritarias. Concorremos as próximas eleccións autonómicas cunha oferta clara de diálogo constructivo e ideas anovadoras, capaces de sacar a Galicia do atraso no que se atopa. A reforma que propón o PG incorpora o concepto de que o Estatuto ten que recoñece-lo feito plurinacional da Identidade Galega. Non se trata só de autonomía territorial senón que o obxectivo é o autogoberno dos intereses galegos. Para a formación o Estatuto debe ser o marco institucional que define o réxime básico dos dereitos e as liberdades dos cidadáns galegos e os poderes e institucións da súa organización política e territorial.
COMISIÓN EXECUTIVA
Presidente: Xabier González
Vicepresidente:Elías Pérez
Vicepresidente:Manuel Suárez
Secretario Xeral:Manoel Soto
Vicesecretario Xeral de Organización:Xosé Antonio Sánchez
Vicesecretario Xeral de Política Externa:Xosé López Franco
Secretarías Executivas:Alexandro Bastos, Celia Pérez Conde, Fernando Pérez Suárez, Jon González, Francisco Pérez "Katelo", Luis Bóveda, Mª Carmen Pérez Gastón, Maite Isla, Manuel de la Fuente,MiguelRodríguez Aneiros, Rosa Mª Tébar,RoxelioMíguez Blanco, Sixto Sánchez Otero, Vanesa Prieto, Xaime Dapena Ceide, Xulio Alonso
Partido Galeguista