Skip to main content

170.700 toneladas é a cifra correcta de residuos xerados polo vequido do Prestige.

O manexo de cifras erróneas pódese explicar quizais pola confusión que pode existir en torno á composición dos residuos: 68.000 TN serían de fuel puro e o resto sería material de refugallo mesturado co fuel (area, algas, contentores, auga de mar, botas, traxes, etc.). Cando se leve a cabo o tratamento dos residuos, terá que ser feito sobre a cantidade total de residuos, non unicamente sobre as toneladas de fuel. O conxunto de residuos deben ser tratados como residuo tóxico perigoso, tal e como é recollido pola lexislación comunitaria. Esto significa que, de ningún xeito, pode ser incinerado debido á cantidade de contaminantes que xeraría. Esto lévanos a preguntarnos, unha vez máis, que plans hai exactamente tanto para o fuel como para os restos impregnados de fuel que, conxuntamente, conforman esas 170.700 toneladas.


Adega galiza