Skip to main content

Cáritas invita á solidariedade co sueste asiático

En resposta á catástrofe no Sueste Asiático, desde os Servizos Centrais de Cáritas Diocesana, co apoio do noso Arcebispo, D. Xulián Barrio, e dentro da Campaña Nacional, invítase a aquelas parroquias da Diocese que aínda non o realizaron a que se convoque unha xornada de solidariedade incluíndo colecta. Cáritas propón coma data o próximo domingo 16 de xaneiro para o que enviou xa material orientativo e de sensibilización: carteis, trípticos e guións homiléticos.
De xeito ininterrupido, desde o pasado 26 de decembro os cidadáns da nosa Diocese non deixaron de realizar aportacións ás contas abertas para axudar ás víctimas. Por iso, Cáritas Diocesana, pola súa parte, xa adiantou o envío de 36.000 euros.
Asimesmo, Cáritas superou os 6 millóns de euros de recaudación só en España e o recaudado polo conxunto das Cáritas donantes de todo o mundo aproxímase ós 45 millóns de euros.
No terreo, os máis de 5.000 voluntarios das Cáritas nacionais dos países afectados pola catástrofe seguen a traballar día a día nos plans de emerxencia postos en marcha para atender ós damnificados. A acción da rede Cáritas céntrase en asegurar catro aspectos básicos: distribución de alimentos e acceso á auga potable, medidas de profilaxis e prevención sanitaria para evita-la propagación de enfermidades respiratorias e disenterías, albergue temporal e roupa de abrigo ás persoas que perderon ós seus fogares e asistencia médica de urxencia ós feridos.
En India, as Cáritas locais están a prestar axuda humanitaria ó longo de 19 dioceses do Sueste do país en 128 campamentos onde están acollidos uns 125.000 damnificados. Cáritas de Sri Lanka está a traballar no marco do plan de emerxencia inicial nas dioceses de Galle, Colombo, Jaffna e Batticaloa. En Tailandia, Cáritas nacional deu prioridade á asistencia ás comunidades de pescadores, un dos colectivos máis danados polos efectos da catástrofe. En Indonesia estase a levar a cabo unha estreita colaboración entre Cáritas local e as congregacións relixiosas presentes no país para ofrecer axuda de emerxencia ás máis de 100.000 persoas que están a vivir en campos de acollida temporal.
En conxunto, estímase que a rede internacional de Cáritas está actualmente prestando asistencia de emerxencia a unha poboación de 50.000 familias nas zonas danadas polo maremoto.
As contas de Cáritas Diocesana están abertas para a devandita emerxencia:
Caixa Galicia 2091 0319 20 3040008096
Banco Gallego 0046 0001 29 0000701310
Gabinete de Comunicación Arzobispado de Santiago de Compostela