Skip to main content

O Curtas 04, no Clermont Ferrand

Será este 28 de xaneiro cando se inaugure un evento no que o ano pasado estiveron 2800 profesionais acreditados de máis de 81 países diferentes, que representaban a todos os axentes profesionais do sector audiovisual. Nese ano o Consorcio acudiu co programa Curtas 03 co fin de acadar para as curtas galegas un espazo profesional apropiado para a difusión e distribución. En España presentáronse 85 traballos para a súa exhibición no mercado e tan só 17 foron seleccionados. Tres das catro curtas do catálogo 03 entraron nesa selección. Froito disto conseguiuse ventas a canles españolas e italianas, o interese de distintos programadores en contar coas producións galegas e a solicitude de compradoras e distribuidoras internacionais de recibir, en anos vindeiros, dito catálogo de promoción.
A organización, para esta edición do 2005, está a cargo do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), da Entidad de Gestión de Derechos Audiovisuales (EGEDA), do Instituto de Comercio Exterior (ICEX) e da Federación de Asociaciones de Productores Audiovisuales Españoles (FAPAE), en colaboración co Consorcio Audiovisual de Galicia, Donostia Kultura, EXTENDA, Catalán Films & TV e a Comunidad de Madrid.
Xa dende o mes de outubro empezouse a coordinar coas produtoras galegas as accións necesarias para poder acudir co máximo aproveitamento, informando dos prazos de inscrición no festival e no mercado e facendo estes trámites para as curtas do catálogo de promoción, mercando espazo para a exhibición de parte delas, ofrecendo un servizo (Pro Service) de contactos cos principais profesionais para elaborar as axendas de traballo, enviando as copias en 35 mm e material promocional das curtas galegas e ofertando un espazo no mercado, a través dun stand, para todos os participantes.
Tamén estase a coordinar a presenza dos representantes das curtas que se exhibirán e que son:

-Minotauromaquia, Pablo no laberinto, única curta seleccionada nos festivais de Hirosima (Japón), Palm Springs (Estados Unidos) e Golden Horse de Taipei (Taiwan) e premiada en diversos festivais entre os que destacan o premio da audiencia no Bradford Animation Festival (Reino Unido), o Gran Premio no Festival de Cine de Animación de Matita (Chieti, Italia), e o “Golden Oosik Award”, no IV Anchorage International Film Festival. Tamén está nominada para os Goya deste ano á mellor curtametraxe de animación.

-La valiente que tamén foi premiada no Cinema Jove d’Elx, na Muestra de Palencia, Yelmo Cineplex e na Muestra Curt Fictions.

-NotamotoF seleccionada na sección oficial de diversos festivais, entre os que destacan o International Short Film Festival de Berlín, o Festival de Cine y Vídeo Latinoamericano de Buenos Aires e o International Panorama of Independent Film Of Thessaloniki (Grecia).

No mercado, a primeira das Curtas amosarase o día 2 de febreiro, ás 11 horas, baixo a denominación Spain 2004, I. As outras dúas ao día seguinte, á mesma hora e lugar, na proxección Spain 2004, II. Nos dous casos contarase con representantes das curtas para a súa presentación.

No Festival faranse 5 pases de Minotauromaquia, Pablo no laberinto, que terán lugar o Sábado 29 de xaneiro ás 17:00 horas no Cine Hospital, o Luns 31 ás 20:15 no ESC, o Martes 1 ás 13:00 horas no Capitole, o Venres 4 ás 22:15 no Conchón e o Sábado 5 ás 19:00 no Gergovia.

Tamén farense 5 pases de La valiente e Notamotof o Sábado 29 de xaneiro ás 22:15 no Conchón, o Domingo 30 ás 17:00 no Lumiere, o Martes 1 ás 20:15 no ESC, o Venres 4 ás 21:00 no Capitole e o Sábado 5 ás 15:00 no Lumiere.
Consorcio Audiovisual de Galicia