Skip to main content

2naFronteira presenta Zapatiños para Díaz Castro


2naFronteira presenta en concerto no CGAC ‘Zapatiños para Díaz Castro’, o novo disco do grupo dedicado ao poeta lucense

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será o escenario da presentación en Santiago de Compostela do novo disco do grupo 2naFronteira, ‘Zapatiños para Díaz Castro’. Carmen Penim (voz) e Maurizio Polsinelli (piano) farán un percorrido polos temas do seu novo traballo discográfico, baseado no poemario ‘Nimbos’, do poeta lucense Xosé María Díaz Castro.

Na actuación, o venres, 13 de xuño, ás 19:30 horas, os dous artistas convidarán o público a realizar unha viaxe musical polos versos do escritor ao que a Real Academia Galega lle dedica en 2014 as Letras Galegas. O próximo concerto do grupo será o vindeiro 27 de xuño, ás mesma hora, no Museo de Belas Artes da Coruña da Consellería de Cultura e Educación.

'Nimbos’, ‘Noite do mundo’, ‘Alalá do verme e a estrela’, ‘Esmeralda’, ‘No novo ceo’, ‘Penélope’ e ‘Coma un río’ son algunhas das pezas que conforman o último traballo discográfico desta formación musical, que lle rende unha homenaxe musical ao poeta e tradutor de Guitiriz.

Fotografía: http://www.2nafronteira.com/
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia