Skip to main content

A Deputación da Coruña fai entrega á Fundación Eduardo Pondal do Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura

Ademais traballades da man doutras asociacións da zona, implicándovos por completo na vida social e cultural da comarca”, declarou a vicepresidenta, e engadiu que “a Fundación tiña máis que merecido este galardón”.

O responsable de recoller o premio foi o presidente da Fundación Eduardo Pondal e alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, que agradeceu o recoñecemento da Deputación con este premio dotado dende o ano pasado con 4.500 euros.

A gala rematou coa interpretación dunha peza musical dedicada a Rosalía de Castro, “No bico un cantar”, cantada por 20 nenos, nais e avóas da zona coma mostra de colaboración interxeneracional.

Fallo

Nesta edición o certame fallouse por unanimidade e,segundo se explica na acta, o xurado optou pola candidatura presentada polo Concello de Ponteceso “por reavivar, a partir da figura de Eduardo Pondal, o espírito do rexurdimento entendido como creación de futuro desde a tradición cultural galega”.

Ademais, salientan a capacidade da Fundación “de unir a enorme variedade de iniciativas e actividades dos concellos da Terra de Soneira e Bergantiños” e tamén a súa “constancia no traballo de sensibilización e espallamento de todo o que implica a normalización cultural de Galicia”.

Fundación Eduardo Pondal

A Fundación Eduardo Pondal naceu no ano 2008 coa filosofía de enaltecer a figura e obra do autor do himno galego, así como da cultura e a lingua galega, a formación de mozos e adultos e o desenvolvemento socioeconómico do contorno rural.

Desenvolve a súa actividade nos municipios de Ponteceso, Laxe, Cabana e Malpica, aínda que traballa en toda a provincia da Coruña.

Dende o seu comezo vén desenvolvendo unha interesante programación anual. Na memoria de actividades presentada na Deputación Provincial destaca un faladoiro semanal de debate sobre asuntos de actualidade, o traballo de recuperación da memoria local a través de testemuñas de persoas maiores ou a escola de verán para nenos de 3 a 15 anos durante os meses de xullo e agosto.

Outras actividades promovidas por esta entidade son o Festiletras, o certame de pintura ao aire libre Fernando Álvarez de Sotomayor, ou a concesión dos premios aos Bos e Xenerosos.

A Fundación Eduardo Pondal forma parte da rede ACAMFE e foi premiada co Premio da Cultura Galega 2012 que concede a Consellería de Cultura. Ademais, está moi vinculada ao traballo doutras entidades culturais e sociais da comarca como a Asociación Monte Branco, a Asociación Cultural Inllar, o colectivo Con V de Valarés e a Asociación A Oliveira de Monte Branco.
Deputación Provincial da Coruña