Skip to main content

Sogama organiza un concurso de fotografía ambiental

Con isto invítase aos cidadáns maiores de 18 anos a que inmortalicen os seus mellores momentos estivais de carácter medioambiental, contribuíndo a xerar conciencia sobre a necesidade de preservar o patrimonio natural galego, axudando á cidadanía a descubrir novos paraxes e a apreciar a esencia da nosa terra: a súa riqueza paisaxística e ecolóxica.

As instantáneas serán difundidas e compartidas por Sogama, tanto a través do seu sitio web como das súas redes sociais en Facebook, Twitter e Tuenti “Por unha Galicia sostible, educación ambiental Sogama”. Con tal fin, os interesados deberán remitilas ao correo electrónico da súa páxina web cmc@sogama.es durante o período anteriormente referenciado (1 ao 30 de setembro). Unicamente se admitirán as fotos enviadas á empresa neste intervalo de tempo (descartaranse as aportadas fóra de prazo).
As bases desta promoción atópanse a disposición dos interesados na páxina web da entidade www.sogama.es, recolléndose nas mesmas as normas que rexen para concorrer a esta iniciativa e condicións de participación.

Cada imaxe deberá acompañarse dos datos do seu autor, así como dunha pequena descrición da mesma, motivo polo cal foi elixida e identificación do lugar, municipio galego e provincia á que pertence. A temática queda a elección dos participantes, que ben poden optar por recreaciones paisaxísticas ou ben por aspectos concretos tales como flora, fauna, bosques, plantas, ríos, montañas, etc.

Para máis información, http://www.sogama.es/gl/campanha/mina-mellor-foto-ambiental-do-veran-2014
Sociedade Galega do Medio Ambiente