Skip to main content

No referendo da Constitución Europea, os Galeguistas votaremos un sí crítico e responsable

O noso sí á Constitución Europea é un sí que non se mestura cos outros sí dos obedientes partidos centralistas, como tamén é un sí que expresa a nosa vontade de transformar a Europa desde a primeira liña política e non desde as trincheiras do non porque sí que non nos leva a ningures.
Bruxelas ten que saber, como tamén o ten que entender o goberno central das Españas, que o Sí dos Galegos á Constitución Europea é un sí cheo de esperanzas... que cada voto galego a favor do sí é unha reivindicación de que a voz de Galicia ten que ser escoitada sen traduccións simultáneas, no idioma propio, sen intérpretes nin intermediarios.
Estamos na fase dedeterminar quen é o candidato á Presidencia da Xunta é unha das decisións que hai que adoptar, como outras moitas non menos transcendentes e pode que mais urxentes. Pero aa cuestión importante non é quen senón como vai a ser o candidato galeguista a Xunta; e o que pode ter por seguro a sociedade galega é que o candidato do P.G. a Presidencia da Xunta terá solvencia política e moral para representarnos a tódolos galegos que queremos esa alternativa de cambio tranquilo que precisa a Galicia.
Fai falla mais humildade na clase política; que é necesario que os políticos non esquezan que só son uns cidadáns que teñen o privilexio e a honra de representar a outros cidadáns e que, ese mesmo carácter de servidores da sociedade, non lles outorga a prerrogativa de elevarse os altares e converter cada declaración ou posicionamento nun discurso ex-cátedra para alumnos de parvulario.
As verdadeiras transformacións temos que facelas os cidadáns,os que actualmente nos representan no Parlamento Galego, e tamén no Estatal e no Europeo, nin teñen intención, nin ganas, nin vontade; ¿por qué?, pois porque uns son políticos submisos, outros acomodados, algúns son mais buscavidas que políticos e tamén hai quen quere morrer coas botas postas aínda que eso lle custe caro, en conceptos de mirar para o futuro, á Galicia.
O Plan Ibarretxetenmobilizadomoitas opinións...pero, con tódolos respetos, émoito mais preocupante que unha familia media, cun salario de setecentos euros, necesite seiscentos ó mes para mercar os mesmos productos que antes mercaba no supermercado por catrocentos; comparado esto co Plan Ibarretxe non hai cor, por moito que haxa tertulianos ou políticos que insistan en presentalo como a esencia mesma dos nosos problemas.
As sondaxes dan case un 18% de cidadáns que exercen en cada convocatoria electoral o seu dereito a voto que agora mesmo non teñen decidido a quén votar...está claro é que nas mans deseindecisos está a decisión de quen vai a gobernar Galicia e nós estamos seguros de convencelos.

Partido Galeguista