Skip to main content

A Fundación Camilo José Cela di que pagará o millón de euros pola herdanza

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela acata a sentenza definitiva pola herdanza do escrito padronés e premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela, que deu a coñecer o Tribunal Supremo. O alto tribunal desestimou o recurso presentado por esta institución e confirma o fallo do Xulgado de primeira instancia nº 40 de Madrid, segundo a cal a Fundación debe reintegrar a Camilo José Cela Conde bens por valor de 1.180.365,25 € en concepto de lexitima.

A institución padronesa acata esta decisión xudicial, na parte da sentencia que lle afecta, e confirma que ten patrimonio e activos suficientes cos que facer fronte por si mesma ao mencionado importe fixado no fallo xudicial, sen ter que recorrer a orzamento público algún.

Non en van, e prevendo a posibilidade dun pronunciamento condenatoria definitivo, o padroado da Fundación procedeu ao provisionamento do importe da sentencia nas contas anuais da Fundación do ano 2010 e sucesivos, que inda así presentan no seu último balance aprobado (2013) un activo total de 11.785.488,75 €.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia