Skip to main content

O BNG vota en contra da reforma do Código Penal

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, manifestou no Pleno da Cámara a total oposición do BNG á reforma do Código Penal que instaura de facto a cadea perpetua e supón “outra atrocidade e retroceso no ámbito da xustiza”.

Comparou a portavoz do BNG este proxecto de lei coa lei de seguridade cidadá polo recurte e retroceso en liberdades e dereitos. A deputada do BNG defendeu as emendas do BNG a este proxecto, a maioría delas de supresión a diferentes artigos que tratan de evitar a restauración de penas inhumanas como a permanencia en prisión, que é o equivalente á cadea perpetua.

Pasan por riba de dereitos humanos

Ademáis de criticar artigos que son “claramente incompatíbeis coa finalidade resocializadora das penas”. “Son preocupantes as restricións no acceso a beneficios penitenciarios cando a conducta demostre que a resocialización evoluciona favorabelmente”. Considerou “inxustificábel” que se antepoña a suspensión da pena de privación de liberdade antes que tratamentos ou internamentos especializados.

A parlamentar do BNG defendeu a priorización dos dereitos humanos. Tamén demandou a necesidade de instaurar o dereito de perseguer crímenes de xenocidio e lesa humanidade. “Coas nosas emendas pretendemos repór o dereito a obter xustiza dentro do estado español e que se persigan os crimes cometidos na dictadura franquista”.

Olaia Fernández Davila cualificou esta Reforma do Código Penal de “regresiva e reaccionaria, que se limita a incrementar o castigo penal en lugar de profundizar na finalidade resocializadora das penas”.
Gabinete de Comunicación do BNG