Skip to main content

O 112 rexistra 124 incidencias relacionadas coas nevadas en Galicia

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou un total de 124 incidencias, relacionadas co fenómeno adverso de nivel amarelo por neve que está a afectar a nosa comunidade.

Así se desprende dun informe do centro de emerxencias galego, no que se especifica que entre as 00,00 e as 12,00 horas do día de hoxe atendéronse 124 incidencias, das cales 51 foron na provincia de Lugo, 31 na provincia da Coruña, 21 na provincia de Ourense, 19 na provincia de Pontevedra e 2 doutras comunidades.

Coma incidencias destacadas, en Sarria, varios coches colidiron coa cisterna dun camión (12.000 kg de gas-propano), na CG 2.2, dirección Monforte. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais nin a carga do camión se viu afectada. Tamén, unha ambulancia con pacientes quedou atrapada por mor da neve, no Corredor de Sarria. Ademais, no lugar de Ourol, uns corenta coches quedaron atascados polo mesmo motivo.

En Monterroso, ás primeiras da mañá, varios particulares alertaron ao CAE 112 Galicia de que, no Alto de Salgueiros, na N-640, había un total de cinco camións e varios vehículos que non podían circular. En O Corgo, camións e vehículos parados na A-6, dirección Coruña. En Pedrafita do Cebreiro, a LU-633, no tramo comprendido entre Sarria e Triacastela, foi interrompida á circulación. Ademais, o particular que alertou ao CAE 112 Galicia, indicou que estaban sen luz.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección de acorde coas especificidades climáticas descritas, tales como pode ser evitar as viaxes sempre que non sexan necesarias ou revisar o estado das estradas asegurándose de saír con cadeas e os depósitos de combustible e líquido anticonxelante cheos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Incidencias en centros escolares

No que atinxe aos centros en ensinanza, na xornada de hoxe houbo un total de 4.137 alumnos e 74 centros afectados polas inclemencias meteorolóxicas. A meirande parte das incidencias rexistráronse na provincia de Lugo, con 4.137 alumnos damnificados e con 55 centros de ensino perxudicados, en 33 dos cales se suspenderon as clases. Na provincia de Ourense houbo 248 alumnos e 18 centros afectados e en Pontevedra un centro con 157 alumnos que sufriron as consecuencias do mal tempo que se está a rexistrar na Comunidade Autónoma.

A situación das estradas titularidade da Xunta de Galicia é a seguinte:

• Pechadas as seguintes estradas:
o OU-122 (ou-122 Alto de Casaio (1.785 m)) PK 24 a 26,32
• Pechado a tráfico pesado e circulación con cadeas para o resto nas seguintes estradas:
o LU-633 (LU633 pk 6/10: San Roque (1269m)) PK 6,2 a 10,6
o LU-633 (LU633 pk 10/20: O Poio (1335m)) PK 10,6 a 20
o LU-633 (LU633 pk 0/6: O Cebreiro (1300m)) PK 0 a 6,2
o LU-636 (Sarria (LU-546) - Becerreá (N-VI)) PK 0,83 a 31,47
o LU-637 (LU-633 - Viduedo - LU-633) PK 0 a 6,78
o LU-651 (LU651_1 pk 7/17: O Boi (990m)) PK 7 a 17
o LU-723 (LU723 pk 19/28: O Portelo (1068m)) PK 19 a 27,83
• Circulación con cadeas nas seguintes estradas:
o LU-721 (A Fonsagrada (LU-530) - Vilabol de Suarna) PK 0 a 5
o OU-121 (O Barco de Valdeorras (N-536) - Prada) PK 12 a 26,18
o OU-121 (ou-121 Alto da Portela (1,124 m)) PK 13 a 17
o OU-122 (Sobradelo (N-536) - Lím. prov de Zamora) PK 14 a 26,32
• Circulación con precaución nas seguintes estradas:
o AG-64 (Ferrol - Vilalba) PK 5 a 40
o AC-564 (Cabanas (AP-9) - As Pontes (AC-861)) PK 0 a 26
o AC-230 (Montesalgueiro (N-VI) - Curtis (AC-840)) PK 1,9 a 12,9
o AC-231 (A Castellana (N-VI) - Sobrado (AC-934)) PK 0,2 a 16,1
o LU-530 (A Baqueriza PQ.23/29 Alt.836) PK 23 a 29
o LU-530 (A Fontaneira PQ.29/37 Alt. 930m.) PK 29 a 37
o LU-530 (Lugo - A Fonsagrada (LU-701)) PK 37 a 43
o LU-530 (O Cerredo PQ.43/57 Alt. 960m.) PK 43 a 57
o LU-540 (A Gañidoira PQ. 24/33 Alt. 720m.) PK 24 a 33
o LU-122 (Cruz da Cancela PQ.15/24 Alt. 650m.) PK 15 a 24
o LU-750 (Meira (N-640)- O Cádavo (LU-530)) PK 0 a 3
o LU-750 (Alto de Meira PQ.3/8 Alt. 615m.) PK 3 a 8
o LU-750 (Meira (N-640)- O Cádavo (LU-530)) PK 8 a 23,72
o LU-751 (Meira - O Chao do Pousadoiro) PK 0 a 3
o LU-751 (Alto do Couso PQ. 3/9 Alt. 788m.) PK 3 a 9
o LU-751 (Meira - O Chao do Pousadoiro) PK 9 a 12,26
o LU-124 (Cruz da Cancela PQ.14/16 Alt. 650m.) PK 14 a 16
o LU-125 (O Oso PQ.3/7 Alt. 653m.) PK 3 a 7
o LU-125 (Bretoña (LU-122) - Lindín (LU-124)) PK 7 a 11
o LU-701 (A Fonsagrada (LU-530) - Lím. Prov. de Asturias) PK 0 a 6
o LU-701 (O Acebo PQ. 6/12 Alt. 1050m.) PK 6 a 12
o LU-703 (Barbeitos (LU-701) - Lím. Prov. de Asturias) PK 0 a 9
o LU-740 (A Fonsagrada (LU-530)- Vilardiaz (Deput.)) PK 0 a 8
o CG-2.1 (Monforte de Lemos (N-120) - Alto do Faro) PK 0 a 16,53
o CG-2.1 (Monforte de Lemos (N-120) - Alto do Faro) PK 29,45 a 43,05
o CG-2.2 (Nadela (A-6) - Monforte de Lemos (VG-2.1)) PK 0 a 26,34
o CG-2.2 (Nadela (A-6) - Monforte de Lemos (VG-2.1)) PK 26,34 a 34
o LU-213 (Chantada - Alto do Faro (CG-2.1)) PK 0 a 14,27
o LU-533 (Chantada (N-540a) - Escairón (CG-2.1)) PK 0 a 12,07
o LU-536 (Sarría (LU-546) - Sarría (LU-636) (Variante de población)) PK 0 a 3,75
o LU-546 (Nadela (N-VI)-Monforte (LU-664)) PK 0,14 a 25,99
o LU-546 (Nadela (N-VI)-Monforte (LU-664)) PK 26 a 55,54
o LU-617 (Monforte (LU-664) - Belesar (LU-533)) PK 0 a 21,45
o LU-633 (Pedrafita (N-VI) - Alto do Hospital (N-540)) PK 26 a 47,77
o LU-633 (Pedrafita (N-VI) - Alto do Hospital (N-540)) PK 49,76 a 84,37
o LU-641 (Castrocán (LU-633) - Xirgueiros (LU-642)) PK 0 a 12,75
o LU-642 (Oural (LU-546) - Ferrería de Incio) PK 0 a 23,28
o LU-644 (Rubián (LU-546)- Cruz do Incio (LU-642)) PK 0 a 11,2
o LU-652 (Bóveda (LU-546) - Barrio da Estación de Pobra de Brollón (LU-933)) PK 0 a 12,33
o LU-710 (Baralla (N-VI) - O Cádavo (LU-530)) PK 0 a 16,13
o LU-903 (Monforte (N-120) - Lím. Prov. - Castro Caldelas (OU-536)) PK 0 a 17,86
o OU-111 (A Arberguería (OU-113) - Prado) PK 0 a 6,96
o OU-112 (Laza (OU-113) - Cerdedelo) PK 0 a 10,19
o OU-113 (Verín (N-525) - Vilar de Barrio) PK 0 a 38,83
o OU-113 (ou-113 Alto do Alberguería (955 m)) PK 32 a 36
o OU-114 (Caldeliñas (OU-113) - Campobecerros) PK 14 a 21,28
o OU-114 (ou-114 Alto do Foxo (1.182 m)) PK 14 a 18
o OU-123 (OU-122 -Casaio) PK 0 a 1,19
o OU-156 (N-525 - A Vilavella - N-525) PK 0 a 920
o OU-310 (Verín (N-525) - Soutochao) PK 16 a 21,13
o OU-311 (O Pereiro (N-525) - fronteira de Portugal) PK 0 a 15,02
o OU-404 (Celanova (OU-540) - Barral (OU-402)) PK 0 a 31,78
o OU-504 (Ribadavia - Cea) PK 0 a 28,2
o OU-533 (A Gudiña (N-525) - A Rúa (N-120)) PK 0 a 4
o OU-533 (A Gudiña (N-525) - A Rúa (N-120)) PK 22 a 33
o OU-533 (ou-533 Alto do Covelo (1.040 m)) PK 27 a 29
o OU-622 (O Barco de Valdeorras - Lím. prov de León) PK 16 a 21,94
o OU-622 (ou-622 Alto de Oulego (845 m)) PK 20 a 21,94
o PO - 255 (PONTE CALDELAS (PO-532) - PETÁN (N-120). Alto do Moncelo) PK 33 a 41,3
o PO - 235 (CARBALLEDO (PO-232) - LIM. PROV. DE OURENSE) PK 0 a 25
o AG-53 (Alto de Santo Domingo (803 m.) - Pk 60+000) PK 60,01 a 65
o AG-53 (Tramo Enlace de Dozón - Enlace de Piñor) PK 56,3 a 65




Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia