Skip to main content

O PPdeG pide que se apoie ás Universidades galegas na aplicación voluntaria do decreto dos Graos e Máster

A portavoz de Educación do Grupo Popular, Marisol Piñeiro, defendeu no Parlamento o diálogo existente entre a Xunta de Galicia e os reitores das universidades galegas e a necesidade de apoiar a decisión que estes adopten, no exercicio da súa autonomía, sobre a aplicación voluntaria do novo Real Decreto que reordena as ensinanzas universitarias oficiais, tanto no tocante á duración dos grados e máster como no hipotético momento da súa posta en marcha.

Marisol Piñeiro puxo de manifesto dúas maneiras de facer as cousas. “Por unha banda, está o cambio de postura do PSOE no ano 2006, cando impuxo un modelo de catro anos para graos e liberdade para os máster, separándose así da tendencia europea e fixando un prazo de execución do seu modelo”.

AUTONOMÍA UNIVERSITARIA

“O que lles molesta agora é que sexa o Partido Popular o que estea aportando elementos que daquela se despreciaron, como a reflexión, a planificación, a flexibilidade, a voluntariedade, as explicacións ante as universidades ou o respecto á autonomía das mesmas”, apuntou.

Neste sentido, a portavoz popular indicou que “as universidades galegas xa se posicionaron a favor do fondo do decreto e unicamente falan da conveniencia de retrasar a implantación de graos de tres anos ao curso 2017-18”. “Fano exercendo a autonomía que lles acaba de conceder o Ministerio e da que antes carecían, porque a nova normativa abre a porta a que, de xeito voluntario, as universidades se podan acoller ao modelo de tres anos de grao máis dous de máster”, manifestou.

Piñeiro salientou, ademais, que “Galicia conta co modelo máis solidario e equitativo de acceso á universidade, xa que ten as taxas universitarias máis baixas de España gracias ás políticas activas de prezos universitarios aplicadas polo actual Goberno galego”.







Gabinete de Comunicación do PPdeG