Skip to main content

A mostra sobre Picasso coloca A Coruña no triángulo vital e artístico do pintor e convérteo en Marca Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asegurou que a mostra “El primer Picasso. A Coruña 2015” representa “o primeiro proxecto expositivo que aborda de xeito exclusivo a etapa galega do artista”. Así o salientou durante a rolda de prensa de presentación da mesma, que poderá visitarse a partires do venres, día 20, no Museo de Belas Artes da Coruña.

Na súa intervención, Román Rodríguez subliñou que esta mostra supón corrixir unha débeda “co propio artista, coa cidade da Coruña e con todos os galegos e galegas”. O conselleiro recalcou ademais que desde o departamento que dirixe ten “a responsabilidade de espallar os nosos valores universais” e Picasso “tamén forma parte do noso patrimonio cultural”. Segundo dixo, “a partir de agora, A Coruña xa forma parte, con Málaga e París, do triángulo vital e artístico de Pablo Picasso. De feito –engadiu- Picasso xa é marca Galicia”.

A mostra está centrada no período que o pintor malagueño universal pasou na cidade herculina entre 1891 e 1895. A este respecto, o responsable de Cultura do Goberno galego aludiu á Escola de Belas Artes da Coruña, onde Pablo Ruiz Picasso “se conformou como artista” e onde realizou a súa primeira exposición, da que agora se conmemoran o seu 120 aniversario.

Doutra banda, o conselleiro aproveitou para poñer en valor o labor de todo o equipo do Museo de Belas Artes da Coruña, encargado da planificación promoción e difusión da exposición, da coordinación e elaboración do catálogo, do desenvolvemento de actividades complementarias como un programa didáctico, conferencias específicas e as visitas guiadas; así como da catalogación e dixitalización do material.

Así mesmo estendeu as súas felicitacións ao Concello da Coruña, o impulsor da iniciativa desde o primeiro momento e –a través da Fundación Emalcsa- o encargado de todos os trámites. Tamén amosou os seus parabéns ao Museu Picasso de Barcelona pola colaboración especial prestada, e aos patrocinadores da mostra.

No acto de presentación desta exposición -que mañá xoves inauguran SS MM Os Reis de España-, o conselleiro Román Rodríguez estivo estivo acompañado do alcalde da Coruña, Carlos Negreira; da directora do Museo de Belas Artes, Ángeles Penas; e da comisaria da exposición e conservadora do Museu Picasso de Barcelona, Malén Gual.

Á presentación pública da mostra asistiron tamén o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

A mostra reúne máis de 200 pezas -81 delas do propio Picasso- que xiran a redor de catro grandes eixos artísticos: a súa obra na Coruña, a obra posterior ao seu paso pola cidade pero que garda relación co período galego, a obra doutros pintores galegos contemporáneos á estancia do artista na cidade, e material variado do século XIX vinculado coa obra realizada polo autor malagueño en Galicia.

A exposición aparece estruturada de forma cronolóxica e nela abórdanse 11 núcleos temáticos como son o contexto histórico, a formación académica, o bestiario (animais como pombas ou touros, elementos simbólicos recorrentes que se converterán en icónicos na súa obra), xornais e caricaturas, cadernos, paisaxes, costumbrismo, familia, retratos, morriña e fotografías.

Nota prensa do Gabinete de Comunicación do Concello da Coruña:

El alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, asistió a la firma del convenio de colaboración entre el Ayuntamiento de A Coruña, la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria y la Fundación Emalcsa para la celebración de la exposición El Primer Picasso que la ciudad acogerá entre el 20 de febrero de 2015 –fecha en las que se cumplen los 120 años de la primera exposición de Picasso, que se celebró en A Coruña- y el 24 de mayo de 2015. “La muestra marcará un hito en el conocimiento de la etapa coruñesa de Picasso. A Coruña no solo es la ciudad en la que Picasso recibe formación académica por primera vez, en la que trabaja bajo el paraguas de su primer mecenas (Ramón Pérez Costales), en la que sufre su primer contacto con la muerte (la de su hermana Conchita) y en la que realiza su primera exposición. Es eso, pero también mucho más que eso. Es la ciudad del nacimiento de un artista, la ciudad del origen del genio”, subrayó Carlos Negreira.

Tal y como destacó el alcalde, la exposición tiene 4 objetivos fundamentales:

-Reivindicar la importancia de la etapa coruñesa de Picasso. Es un período de formación fundamental, tanto en la academia como fuera de ella. “Podemos decir que a A Coruña llega un niño en 1891, pero que de aquí se marcha un artista en 1895”, aseguró.

-Otro objetivo es hilar su etapa coruñesa con la obra posterior de Picasso. En A Coruña nacen muchas de las temáticas artísticas que tocará el malagueño con reiteración en el futuro.

-Un tercer objetivo será conectar la obra coruñesa de Picasso con la de artistas gallegos contemporáneos a su estancia. Picasso vive en una Coruña en plena efervescencia artística. No se entendería su etapa sin ese contexto artístico. Por ello, en la exposición no habrá solo piezas de Picasso: también las habrá de pintores contemporáneos a su estancia, como Isidoro Brocos, Román Navarro, Gumersindo Pardo Reguera, Ovidio Murguía o su propio padre, José Ruiz Blasco.

-El cuarto objetivo es aportar conocimiento y documentación en torno a la etapa coruñesa de Picasso. “Malén Gual, comisaria de la exposición, me ha apuntado que las muestras de Picasso, y fíjense que se celebran un gran número al año, suelen aportar un conocimiento nuevo del 10%. Pero que ésta aportará un 80%”, detalló Negreira.

El alcalde calificó de idóneo, el escenario en el que se desarrollará la muestra, el Museo de Belas Artes da Coruña que, gracias al convenio de colaboración, “aportará todos los medios técnicos y humanos para poder desarrollarla”. La exposición se clausurará el 24 de mayo: “Nos hubiese gustado que estuviese más tiempo, pero lamentablemente no ha sido posible por las exigencias de buena parte de los prestamistas. Cabe apuntar que estamos hablando de obras delicadas, de más de 100 años de antigüedad en gran parte de los casos, cuya exposición pública se mide mucho temporalmente hablando”, señaló.

El alcalde finalizó agradeciendo su apoyo y colaboración tanto a Picasso Administration, la sociedad que agrupa a los herederos de Picasso, como a los principales museos picassianos del mundo por su ayuda para el desarrollo de la exposición, en especial el Museo Picasso de Barcelona. “Les puedo avanzar que, si nuestros planes se cumplen, será la exposición con mayor número de piezas coruñesas de Picasso celebrada en la historia”, concluyó.

Fotografía: Gabinete de Comunicación do Concello da Coruña (http://www.coruna.es/servlet/Satellite?itemID=1406682775179&itemTemplate=Portal-Noticia-Detalle&c=Page&itemType=Suceso&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion&cid=1158878786164&argIdioma=es)
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia