Skip to main content

Os fondos europeos permitirán a construción de máis de 106 quilómetros de sendas peonís e ciclistas en Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, salientou hoxe que os fondos europeos permitirán construír máis de 106 quilómetros de sendas peonís e ciclistas en Galicia, destinadas a proporcionarlles aos cidadáns accesos seguros e sostibles aos puntos clave de cada vila.

Ethel Vázquez participou esta mañá nunha mesa sobre o O investimento FEDER en Galicia: necesidades e retos cara o 2020, onde destacou que estas sendas repercutirán de forma beneficiosa na calidade de vida dos cidadáns, que acceder en mellores condicións aos servizos, como centros de saúde, polideportivos e parques, entre outras.

A conselleira de Medio Ambiente destacou a aposta da Xunta pola mobilidade sostible, poñendo en marcha “actuacións eficientes que sacarán o máximo rendemento dos fondos europeos”. Así, informou que, neste momento, están en proceso de contratación os estudos a nivel de comarcas que definirán as zonas prioritarias para a construción destas sendas e que incluirán a redacción dos proxectos construtivos.

Intermodalidade urbana

A responsable de Medio Ambiente explicou que outra das liñas de acción que se levarán a cabo é o impulso á implantación dun sistema de xestión de transporte en todo o territorio galego, que garanta a intermodalidade urbana e rural, que coordine os diferentes servizos e que consiga “un transporte colectivo do século XXI”.

Así mesmo, referiuse á execución das infraestruturas de transporte de viaxeiros necesarias para a consecución da intermodalidade en disintas cidades galegas, unha materia para a que se van dispoñer de 27,5 millóns de euros que mobilizarán un total de 34,37 millóns.

Polo tanto, segundo aclarou, os fondos europeos que permitirán realizar os investimentos destinados á execución das novas estacións de autobuses integradas coas de ferrocarril. Así, avanzou a licitación hoxe da redacción do proxecto da estación intermodal de Vigo, e mañá, martes 31, licitaranse os estudos para as novas terminais de autobuses de Santiago e Coruña integradas coas de ferrocarril
Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas